Perna canaliculus
Perna canaliculus Mexillón de Nova Zelandia | |||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Cunchas de Perna canaliculus | |||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||||
Perna canaliculus (Gmelin, 1791) | |||||||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||||||
|
Perna canaliculus, coñecido vulgarmente na bibliografía internacional, entre outros nomes, como mexillón de Nova Zelandia e mexillón de labios verdes, é unha especie de molusco bivalvo mariño da subclase dos pteriomorfios, orde dos mitílidos, superfamilia dos mitiloideos, familia dos mitílidos e subfamilia dos mitilinos,[1] unha das tres que integran o xénero Perna.[2]
É un mexillón endémico das augas costeiras de Nova Zelandia onde ten importancia económica como especie cultivada.
Taxonomía
editarDescrición
editarA especie foi descrita en 1791 polo naturalista alemán Johann Friedrich Gmelin, en "Vermes", en Gmelin J. F. (Ed.) Caroli a Linnaei Systema Naturae per Regna Tria Naturae, Ed. 13. Tome 1 (6). G. E. Beer, Lipsiae [Leipzig]. pp. 3021-3910.[1]
Sinónimos
editarAdemais de polo seu nome actualmente válido, a especie coñeceuse tamén polos sinónimos:[1]
- Mytilus canaliculatus Gray, 1843
- Mytilus canaliculus Gmelin, 1791 (protónimo)
- Mytilus latus Dillwyn, 1817
- Mytilus tasmanicus Tenison Woods, 1876
Características
editarDiferénciaciase doutras especies de mexillón porque ten as cunchas de cor marrón escuro con labios verdes ao redor dos bordos, e por ter só un músculo adutor. Tamén por ser unha das maiores especies de mexillóns, con 240 mm de lonxitude.
Distribución e hábitat
editarPerna canaliculus encótrase ao longo de toda a costa de Nova Zelandia, sendo un marisco moi importante para este país.[3] Normalmente encóntrse na da zona intermareal.[4]
Bioloxía
editarP. canaliculus aliméntase de varios tipos de fitoplancton. Diferénciase doutras especies de mexillóns porque ten a cuncha parda escura verdosa, cunha banda verde ao redor dos bordos das valvas, e só ten un músculo adutor. Ademais é unha das maiores especies de mexillóns, chegando a medir 240 mm de lonxitude.
Perna canaliculus inhibe a vía da 5-lipooxixenase, o que conduce á formación de leucotrienos. Moitos dos produtos destas vías son axentes moi importantes na resposta inflamatoria.[5] Porén, unha revisión sistemática da investigación científica sobre este mexillón suxire a falta de probas convincentes para o seu uso en humanos con artrite asociada á inflamación.[6]
Importancia para os humanos: acuicultura
editarPerna canaliculus, endémico de Nova Zelandia, como quedou dito, cando se cultiva alí en acuicultura, comercialízase baixo a marca comercial Greenshell (Cuncha verde). Esta industria produce máis de 140 000 toneladas anuais que, en 2009, produciu en primeira venda máis de 250 millóns de NZ$ (dólares neozelandeses).[7] A acuicultura do mexillón de granxa de Nova Zelandia depende moito da produción de sementes de mexillón (mexilla), procedente de poboacións de mexillón salvaxes.[8] Cada ano se recoléctanse ao redor de 270 t de semente silvestre, que se adhire ás algas mariñas da praia de Ninety Mile Beach na illa Norte de Nova Zelandia para abastecer á industria da acuicultura. En ningunha outra parte do país bótanse a terra tan grandes cantidades de algas cubertas de mexillóns.[9] A densidade da dispersión varía de 200 a 2 millóns por kg de algas mariñas.[10] Esta soa praia subministra ao redor do 80 % da mexilla necesaria para a industria acuícola.[8] O 20 % restante captúrase con cordas suspendidas no mar cerca de granxas de mexillóns.[11] Pero, a pesar da gran dependencia desta industria da mexilla salvaxe, os procesos biolóxicos e ambientais polos cales sta chega a Ninety Mile Beach e ás cordas de recolección son en gran medida descoñecidos.[9] Esta incerteza na subministración ocasiona importantes problemas de produción para a industria, que debe soportar períodos de até un ano sen a chegada de ninguha mexilla. Os eventos de 'caída de auga' tamén vense afectados polos períodos de El Niño, e poden ocasionar demoras na produción das granxas de mexillóns debido ao insuficiente depósito de sementes en Ninety Mile Beach.[11]
O cultivo de mexillón de Nova Zelandia comezou na década de 1970 e, desde entón, experimentou unha expansión extraordinariamente grande, cun crecemiento da produción do 708 % entre 1988 e 2000 (un crecemento anual medio do 18 %). As primeiras granxas baseáronse no método europeo de cultivo de mexillóns en bateas flotantes, que era adecuado a pequena escala; porén, pronto se necesitaron métodos para conseguir unha produción a maior escala. Unha adaptación do sistema de acuicultura de mariscos xaponés conduciu aos métodos utilizados hoxe en día para a acuicultura comercial dos mexillóns e facilitou a transición á produción a grande escala ao incorporar a colleita mecanizada.[12] Esta adaptación do método xaponés consiste nunha serie de grandes boias de plástico conectadas por dúas cordas que forman unha columna vertebral que se mantén no seu lugar mediante bloques de ancoraxe de formigón ou de aceiro no fondo mariño.[13]
Os mexillóns en crecemento retíranse das cordas e volven a sementar unha vez, e ás veces dúas veces, antes de alcanzaren un tamaño de ao redor de 100 mm. A recolección realízase utilizando recipientes especialmente deseñados que permiten tirar das cordas para separar os mexillóns destas. Desde a sementeira inicial de mexillóns nas granxas até a colleita, transcorre un período de 12 a 24 meses. A produtividade da industria de cultivo de mexillóns no ano 2000 en Nova Zelandia calculouse en 9,85 toneladas por hectárea e ano, ou 59,649 $NZ por hectárea e ano; isto significa 200 veces máis da produtividade de proteínas da agricultura terrestre. A cría de mexillóns é unha industria de rápido crecemento en Nova Zelandia. En 2000 estábase producindo en 3 000 hectáreas, con propostas para outras 30 000 ha. Tipicamente, as granxas individuais teñen menos de 50 ha e se sitúan en augas protexidas cerca da costa. Con desenvolvementos tecnolóxicos máis recentes, agora pódense construír granxas máis grandes en mar aberto e en augas máis expostas.[13]
Parasitos
editarO mexillón de Nova Zelandia a miúdo é parasitado polo cangrexo Nepinnotheres novaezelandiae. En 2015 os investigadores neozelandeses Oliver Trottier e Andrew Jeffs, da Universidade de Auckland, estudaron o comportamento da situación dunha parella destes cangrexos en Nova Zelandia, que se observaron cando habitaban no mexillón. Dado o comportamento críptico dos cangrexos machos, desenvolveuse un sistema de captura para determinar se estes sairían dos seus hóspedes en resposta a un canxrejo femia arriba. As observacións do comportamento nocturno de busca de parella dos cangrexos machos realizárone na escuridad utilizando gravacións de vídeo en infravermello. A miúdo observáronse cangrexos machos acariciando o bordo do manto do mexillón intentando entrar, aumentando con éxito a abertura das valvas do mexillón de 3,7 a 5,5 mm.[14]
Galería de imaxes
editar-
Cultivo de Perna canaliculus na Illa Sur, Nova Zelandia
-
Mexillón de Nova Zelandia conxelado. Obsévese a cor verde do bordo da cuncha
-
Prato de meillóns de Nova Zelandia
-
Vídeo dun cangrexo Nepinnotheres novaezelandiae macho
intentando acceder a un mexillón de labios verdes
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 1,2 Perna canaliculus (Gmelin, 1791) no WoRMS. Consultada o 8 de xaneiro de 2020
- ↑ Perna Philipsson, 1788 no WoRMS. Consultada o 8 de xaneiro de 2020.
- ↑ Smita Apte and Bastiaan Star and Jonathan P. A. Gardner (2003). "A Comparison Of Genetic Diversity Between Cultured And Wild Populations, And A Test For Genetic Introgression In The New Zealand Greenshell Mussel Perna canaliculus (Gmelin 1791)". Aquaculture 219 (1--4): 193–220. doi:10.1016/s0044-8486(03)00003-6.
- ↑ Morton, John; Charles Michael Miller (1973). The New Zealand Sea Shore. Auckland, New Zealand: Collins. p. 653.
- ↑ Busse WW (1998). "Leukotrienes and Inflammation". Am. J. Respir. Crit. Care Med. 157 (6): 210–213. PMID 9620941. doi:10.1164/ajrccm.157.6.mar-1.
- ↑ Cobb, C. S. and Ernst, E. (2006). "Systematic review of a marine nutriceutical supplement in clinical trials for arthritis: the effectiveness of the New Zealand green-lipped mussel Perna canaliculus.". Clin. Rheumatol. 25 (3): 275–284. doi:10.1007/s10067-005-0001-8.
- ↑ Aquaculture New Zealand (2010), New Zealand aquaculture farm facts Arquivado 20 de outubro de 2010 en Wayback Machine.. Consultada o 9 de xaneiro de 2020.
- ↑ 8,0 8,1 Alfaro. A. C.; Jeffs, A. G. & Hooker, S. H. (2001): "Reproductive behaviour of the green-lipped mussel, Perna canaliculus, in northern New Zealand". Bulletin of Marine Science 69: 1095-1108.
- ↑ 9,0 9,1 Alfaro, A. C. & Jeffs A. G. (2003). "Variability in mussel settlement on suspended ropes placed at Ahipara Bay, Northland, New Zealand". Aquaculture 216: 115–126. doi:10.1016/s0044-8486(02)00419-2.
- ↑ Alfaro, A. C.; McArdle, B. & Jeffs, A. G. (2010). "Temporal patterns of arrival of beachcast green-lipped mussel (Perna canaliculus) spat harvested for aquaculture in New Zealand and its relationship with hydrodynamic and meteorological conditions". Aquaculture 302: 208–218. doi:10.1016/j.aquaculture.2010.02.028.
- ↑ 11,0 11,1 Carton A. G.; Jeffs, A. G.; Foote, G.; Palmer, H. & Bilton, J. (2007). "Evaluation of methods for assessing the retention of seed mussels (Perna canaliculus) prior to seeding for grow-out". Aquaculture 262: 521–527. doi:10.1016/j.aquaculture.2006.11.026.
- ↑ Jeffs, A. (2003): "Assessment of the potential for mussel aquaculture in Northland". NIWA client report AKL2003-057, NIWZ project ENT03101: 1-15.
- ↑ 13,0 13,1 Loyd, B. D. (2003): "Potential effects of mussel farming on New Zealand’s marine mammals and seabirds: a discussion paper". Department of Conservation, Wellington: 1-34.
- ↑ Trottier, Oliver; Jeffs, Andrew G. (2015). "Mate locating and access behaviour of the parasitic pea crab, Nepinnotheres novaezelandiae, an important parasite of the mussel Perna canaliculus". Parasite 22: 13. ISSN 1776-1042. PMC 4365294. PMID 25786327. doi:10.1051/parasite/2015013.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Perna canaliculus |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Perna canaliculus |
Bibliografía
editar- Bieler, R., Carter J. G. & Coan E .V. (2010): "Classification of Bivalve families". En: Bouchet P. & Rocroi J.-P. (2010): "Nomenclator of Bivalve Families". Malacologia 52 (2): 1-184.
- Bieler, R.; Mikkelsen, P. M.; Collins, T. M.; Glover, E. A.; González, V. L.; Graf, D. L.; Harper, E. M.; Healy, J.; Kawauchi, G. Y.; Sharma, P. P.; Staubach, S.; Strong, E. E.; Taylor, J. D.; Tëmkin, I.; Zardus, J. D.; Clark, S.; Guzmán, A.; McIntyre, E.; Sharp, P. & Giribet, G. (2014): "Investigating the Bivalve Tree of Life – an exemplar-based approach combining molecular and novel morphological characters". Invertebrate Systematics 28 (1): 32-115.
- Gosling, E. M. (2003): Bivalve Molluscs. Biology, Ecology and Culture PDF. Oxford, UK: EnglandFishing News Books (Blackwell Publishing). ISBN 0-8523-8234-0.
- Dawber, C. (2004): Lines in the water: a history of Greenshell mussel farming in New Zealand. New Zealand Marine Farming Association, Blenheim.
- Siddall S. E. (1980): "A clarification of the genus Perna". Bulletin of Marine Science 30: 858-870.
Outros artigos
editarLigazóns externas
editar- FAO. Fisheries and Aquaculture Department. Cultured Aquatic Species Information Programme. Perna canaliculus (Gmelin, 1791).