Perfecto Pereiro Castro

empresario galego

Perfecto Pereiro Castro, nado en Xonxil (Noceda, Lalín) o 5 de decembro de 1871 e finado na vila de Silleda o 6 de agosto de 1947, foi un empresario galego.

Perfecto Pereiro Castro
Nacemento5 de decembro de 1871
Lugar de nacementoXonxil
Falecemento6 de agosto de 1947
Lugar de falecementoSilleda
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónempresario
FillosAntonio Pereiro Gil
editar datos en Wikidata ]
Placa en homenaxe a Perfecto Pereiro Castro en Ponte, Silleda.

TraxectoriaEditar

En 1915 fundou a Hidroeléctrica de Silleda. Anos máis tarde, construíu unha pequena central hidroeléctrica no río da Mera ao seu paso pola parroquia de Ponte (Silleda), que comezou a funcionar en 1920. Esta sería a primeira fábrica de luz do concello, que serviría para que a vila de Silleda e as parroquias que a rodeaban tivesen luz eléctrica. Na década de 1940 levantou unha nova central a carón do río Deza á altura da Ponte Taboada, na marxe esquerda do río, na parroquia de Prado (Lalín)[1].

Grazas á electricidade producida polas centrais, Pereiro e a súa familia estiveron ao cargo de diversos negocios, como un serradoiro, un muíño eléctrico, un ultramarinos ou un café, que funcionou como sala de cine. Este, coñecido como o Cine de Pereiro, foi o primeiro establecemento destas características co que contou Silleda, que botou a andar arredor de 1934[2].

Trala súa morte en 1947, os seus fillos venderon as centrais hidroeléctricas a Cesáreo Sánchez Alonso, coñecido como Bastián e veciño da parroquia de Graba, que continuou co desenvolvemento eléctrico no concello de Silleda. O maior deles, Antonio, fora alcalde nos anos da II República Española.

HomenaxeEditar

No ano 2016, un dos seus netos, Perfecto Pereiro Lázara, publicou un libro dedicado a el baixo o título de Pereiro de Silleda: Vida y obra de un empresario dezano (1871-1947)[3].

NotasEditar

  1. Cien años de luz en Silleda en Faro de Vigo (Consultado o 13/11/2015)
  2. El primer cine de Silleda en Faro de Vigo (Consultado o 13/11/15)
  3. Trasdeza recuerda el legado de su audaz emprendedor en Faro de Vigo (05/11/2016) (Consultado o 17/11/2016).

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

  • Pereiro Lázara, Perfecto (2016). Pereiro de Silleda: Vida y obra de un empresario dezano (1871-1947). Fervenza.