Perfect (canción de Fairground Attraction)

«Perfect»
Sinxelo de Fairground Attraction
do álbum The First of a Million Kisses
Lanzamento 31 de marzo de 1988
Formato
Gravada
Xénero musical Pop
Lingua(s) Inglés
Duración 4:33
Discográfica
Produtor(es)
Escritor(es) Mark E. Nevin
Cronoloxía
«» «Perfect» ««Find My Love»»
Miscelanea {{{miscelanea}}}

"Perfect" é unha canción do grupo británico Fairground Attraction, lanzado en 1988, dentro do álbum The First of a Million Kisses. Foi o primeiro sinxelo da banda.

Vendas editar

O sinxelo acadou o número un das listas británicas o 14 de maio de 1988 ficando nesa posición durante unha semana, e na lista, durante un total de trece semanas. Tamén acadou o número un en Suráfrica e en Australia, durante tres semanas en agosto e setembro de 1988.[1]

En España tamén acadou o número un das listas de vendas en setembro de 1988.

Nos Estados Unidos de América chegou ao posto 80 da lista Billboard.

Formatos editar

No Reino Unido comercializouse baixo os formatos de sinxelo de vinilo, casete e CD.

Premios editar

Perfect obtivo o premio ao mellor sinxelo na edición de 1989 dos BRIT Awards.

Notas editar

  1. Officialcharts.com (ed.). "The Official Charts Company". Consultado o 30 de marzo de 2014.