Pereda de Ancares

Pereda de Ancares é unha parroquia do concello leonés de Candín, na bisbarra dos Ancares. Segundo o INE en 2012 tiña 47 habitantes[1]. Nos últimos anos, Pereda de Ancares converteuse no punto de partida para moitos excursionistas e turistas que veñen a coñecer Os Ancares debido ás rutas de sendeirismo que cruzan a zona[2], pero o renacemento da súa economía débese principalmente ao cámping e ás casas rurais que hai na aldea[3]; o que lle achegou certa revitalización tras anos de illamento e abandono. O sector primario segue sendo unha parte importante da economía da parroquia.

Modelo:Xeografía políticaPereda de Ancares
Imaxe

Localización
Mapa
 42°49′27″N 6°44′35″O / 42.824278, -6.743031Coordenadas: 42°49′27″N 6°44′35″O / 42.824278, -6.743031
EstadoEspaña
Comunidade autónomaCastela e León
Provinciaprovincia de León Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Código postal24433 Editar o valor em Wikidata

Patrimonio editar

A aldea está situado nas lombas das montañas, e a arquitectura local componse de casas brancas con tellados de lousa. A igrexa de Pereda de Ancares é un exemplo da arquitectura relixiosa co seu soportal á entrada da igrexa e o seu campanario, feita en cachotaría. A aldea posúe unha das pallozas mellor conservadas de todos os Ancares leoneses. Está proxectado a súa restauración sufragada polo concello e o Instituto leonés de cultura[4].

 
Palloza en Pereda de Ancares
 
Igrexa de San Jorge

A aldea está situada nunha paraxe montañosa e bosques de nogueiras, o que constitúe o principal atractivo para os sendeiristas e excursionistas.

Festas editar

A principal festividade de Pereda de Ancares é o día de San Xurxo.

Notas editar

  1. http://www.todopueblos.com/pereda-de-ancares-leon/
  2. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 29 de xullo de 2013. Consultado o 21 de xullo de 2013. 
  3. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 06 de febreiro de 2015. Consultado o 21 de xullo de 2013. 
  4. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 27 de xullo de 2013. Consultado o 21 de xullo de 2013. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar