Percy Spencer
Percy LeBaron Spencer, nado en Howland (Maine) o 9 de xullo de 1894 e falecido en Newton (Massachusetts) o 8 de setembro de 1970, foi un enxeñeiro e inventor estadounidense. É coñecido por ser o inventor do forno de microondas.[1]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 9 de xullo de 1894 ![]() Howland, Estados Unidos de América (en) ![]() ![]() |
Morte | 8 de setembro de 1970 ![]() Newton, Massachusetts, Estados Unidos de América ![]() |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Estados Unidos de América ![]() |
Actividade | |
Ocupación | enxeñeiro , inventor ![]() |
Membro de | |
Premios | |
![]() |
Traxectoria
editarPercy Spencer naceu en Howland no estado de Maine. O seu pai morreu en 1897, e a súa nai deixouno pouco tempo despois baixo o coidado da súa tía e o seu tío. Nunca se graduou da escola primaria,[2] pero púxose a traballar nun muíño como aprendiz aos doce anos, iñantes de alistarse á Mariña dos EE. UU. en 1912 para aprender telegrafía. Incorporouse á compañía Raytheon na década de 1920.
En 1941, Raytheon producía dezasete magnetróns por día, que servían para xerar os sinais de radio de microondas, que son o mecanismo principal do radar. Mentres traballaba alí, Spencer desenvolveu un método de fabricación máis eficiente. As súas melloras contribuíron a aumentar a produción do magnetrón a 2.600 exemplares por día. Polo seu traballo foi galardoado co premio ao Servizo Público Distinguido pola Mariña dos EE. UU..[1][3]
En 1945, estando parado perante un magnetrón en funcionamento, unha barra de chocolate fundíuselle no peto.[2] Deseguido, probou con flocos de millo (seguramente subindo a potencia e a posición da irradiación). Cando puxo un ovo cru estoupou na faciana dun colega.[2] O desenvolvemento do forno de microondas xurdiu a partir destas observacións, e en 1947 Raytheon vendeu un primeiro forno comercial, que era aínda xigante (de case dous metros), pesaba máis de trescentos quilos e custaba cinco mil dólares.[4] Tardou até o 25 outubro de 1966 cando saíu o primeiro modelo doméstico.[5]
Aconteceu vicepresidente e un membro de alto rango do Consello de Administración de Raytheon. Documentou 300 patentes durante a súa carreira na empresa; púxoselle o seu nome nun edificio.[6]
Spencer casou coa súa esposa Louise e tivo tres fillos: James, John e George.
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 "Inventors Hall of Fame".
- ↑ 2,0 2,1 2,2 Pitzke, Marc (2015-01-23). "Mikrowelle: Percy Spencers Zufalls-Entdeckung im US-Militär-Labor". Der Spiegel (en alemán). ISSN 2195-1349.
- ↑ "Inventor of Microwave Oven".
- ↑ Bonpreu - Esclat, ed. (8 de novembro de 2019). "Cuinar al microones".
- ↑ Carmaniu i Mainadé, Xavier (24 de outubro de 2021). "La xocolatina de l’enginyer". El Periódico.
- ↑ El chocolate derretido del ingeniero. Ebiz.pe.