Percival e outras historias
obra literaria de Xosé Luís Méndez Ferrín
Percival e outras historias é un libro de relatos de Xosé Luís Méndez Ferrín, publicado en 1958 por Editorial Galaxia. Está adicado a Ramón Piñeiro e Ramón Otero Pedrayo, e a primeira edición inclúe un prólogo de Francisco Fernández del Riego.
Percival e outras historias | |
---|---|
Título orixinal | Percival e outras historias |
Autor/a | Xosé Luís Méndez Ferrín |
Orixe | Galiza |
Lingua | galego |
Colección | Colección Illa Nova |
Xénero(s) | Relatos |
Editorial | Editorial Galaxia |
Data de pub. | 1958 |
Seguido por | O crepúsculo e as formigas |
[ editar datos en Wikidata ] |
O libro inclúe catorce relatos: "Percival", "A cancela", "Os ollos de Kelma", "O asesino", "Nhadron", "Lorelai", "O verdugo", "Grieih", "O crime do chalet vermello", "Mantis religiosa", "O templo", "Philoctetes", "Triafo e o vento" e "O dique de area".
Edición
editarO libro foi publicado por vez primeira na colección Illa Nova de Editorial Galaxia, en febreiro de 1958. En 2013 foi reeditado por Edicións Xerais de Galicia[1].
Traducións
editar- Ao éuscaro por Andrés Urrutia Badiola co título de Percival publicado en 1989 por Hegats[2].
- Ao inglés por Benigno Fernández Salgado, John Rutherford e Xelís de Toro co título de Them and other stories publicado en 1996 por Planet Books[3].
- Ao castelán por Moncha Fuentes Arias e Víctor Fernández Freixanes co título de Percival en su bosque publicado en 1997 por Alianza Editorial, Col. Minibolsillo[4].
Notas
editar- ↑ Ficha do libro na web de Xerais.
- ↑ Ficha Arquivado 22 de marzo de 2018 en Wayback Machine. en BiTraGa.
- ↑ Ficha Arquivado 22 de marzo de 2018 en Wayback Machine. en BiTraGa.
- ↑ Ficha Arquivado 21 de marzo de 2018 en Wayback Machine. en BiTraGa.
Este artigo sobre literatura é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |