Período arcaico andino

Nos Andes centrais, o período arcaico andino é a segunda etapa do Precerámico Andino que comprende dende a domesticación de plantas e animais coa aparición dos primeiros horticultores seminómades até a aparición da cerámica.

Na periodización de Luis Guillermo Lumbreras corresponde á segunda etapa do desenvolvemento histórico das civilizacións andinas. Ó rematar o período de transhumancia, aparecen nos Andes centrais os primeiros horticultores seminómades (sen coñecemento da cerámica); posteriormente o home andino foise facendo sedentario. Os habitantes dos vales costeños e serranos adoptaron a agricultura en forma incipiente, os habitantes das estepas altoandinas domesticaron os camélidos; entre tanto, os costeños adoptaron a vida mixta de pescadores marisqueadores e agricultores.

A vida fíxose máis estable, apareceron as primeiras aldeas nas chairas ou nos vales, preto dos campos de cultivo ou nas praias ricas en mariscos, as estruturas máis antigas son as chozas de material vexetal e posteriormente construcións de pedra e barro; da mesma maneira apareceron os primeiros tecidos rudimentarios.