Pequenos Irmáns de Xesús

O Instituto dos Pequenos Irmáns de Xesús (en latín: Institutum Parvolorum Fratrum Iesu) son un instituto relixioso masculino de dereito pontificio:[1] os membros desta congregación engaden ao seu nome as siglas P.F.I. ou P.F.J.

Instituto dos Pequenos Irmáns de Xesús
Institutum Parvolorum Fratrum Iesu
Charles Eugéne de Foucauld (irmán Carlos de Xesús).
Instituto Relixioso da Igrexa católica
Historia
Fundación1933 en París, Francia
FundadorRené Voillaume e compañeiros

Historia editar

A congregación é obra de René Voillaume e doutros cinco sacerdotes inspirados polo exemplo de vida de Charles de Foucauld: o 8 de setembro de 1933 recibiron na igrexa de Montmartre (París) o hábito relixioso de mans do cardeal Jean Verdier, e no outubro seguinte se trasladaron a África.[2]

Comezaron a vida en común en Al-Abiud Sidi al-Xaikh, en Alxeria, seguindo a regra elaborada por Charles de Foucauld en 1899, que prevía a clausura e a adoración eucarística: querendo imitar máis fortemente a vida de Foucauld, que tiña asistido sobre todo no material ás poboacións do Sáhara, vivindo en estreito contacto e traballando con eles, abandonaron a interpretación máis ríxida da norma.[2]

O instituto foi erixido como instituto de dereito diocesano por Gustave Nouet, prefecto apostólico de Rardaia, o 19 de marzo de 1936, e recibiu o decretum laudis pontificio o 13 de xuño de 1968.[2] Existe tamén unha rama feminina, a Fraternidade das Pequenas Irmás de Xesús.[3]

Notas editar

  1. Annuario Pontificio per l'anno 2007. Roma: Libreria Editrice Vaticana. p. 1506. 
  2. 2,0 2,1 2,2 Bliard, T. (1980). Dizionario degli Istituti di Perfezione VI. pp. 1664–1666. 
  3. Annuario Pontificio per l'anno 2007. Libreria Editrice Vaticana. p. 1605.