A carreira de coches de Pequín a París foi unha carreira de automóbiles, celebrada orixinalmente en 1907 entre Pequín (China) e París (Francia), cunha distancia de 14.994 km.

A idea da carreira xurdiu dun desafío publicado no xornal Le Matin de París o 31 de xaneiro de 1907, que dicía:

"O que hai que probar hoxe é que mentres un home teña un coche, poderá facer calquera cousa e ir a calquera lugar. ¿Hai alguén que se atreva a viaxar este verán de Pequín a París en automóbil?"

A carreira comezou desde a embaixada francesa en Pequín o 10 de xuño de 1907. O vencedor Príncipe Scipione Borghese chegou a París o 10 de agosto de 1907.[1]

Mapa da ruta da carreira de Pequín a París de 1907.

1907 equipos editar

Houbo corenta inscritos na carreira, pero finalmente só cinco equipos enviaron os coches a Pequín. A carreira celebrouse malia que o comité a cancelou.

A carreira de 1907 editar

 
Perigos da estrada: O Itala de Borghese e Barzini caeu por unha ponte.

Non había regras na carreira, agás que o primeiro coche en chegar a París gañaría o premio dunha botella magnum de champaña Mumm. De aí a tradición de celebrar vitorias en automobilismo cunha botella de champaña. A carreira realizouse sen ningunha asistencia por campos onde non había estradas nin mapas de estradas. Para a carreira, unha caravana de camelos saíu de pequín levando combustible e instaláron varias estacións na ruta para fornecer combustible aos pilotos. A carreira seguiu unha ruta de telégrafo, de xeito que a carreira estaba ben cuberta polos xornais da época. Cada coche levaba un xornalista como pasaxeiro, e os xornalistas enviaban historias desde as estacións de telégrafo regularmente durante a carreira.

Realizouse durante unha época na que os coches eran unha novidade e a ruta atravesaba áreas remotas de Asia onde a xente aínda non estaba familiarizada cos viaxes en automóbil. A ruta entre Pekín e o Lago Baikal só fora intentada previamente a cabalo. A carreira gañouna o príncipe italiano Scipione Borghese, da familia Borghese, acompañado do xornalista Luigi Barzini (1874-1947). Estaba tan confiado que ata desviouse de Moscova ata San Petersburgo para celebrar unha cea para o equipo e despois volveu a Moscova e volveu á carreira. O evento non tiña como obxectivo ser unha carreira ou unha competición, pero converteuse rapidamente nunha, debido as súas características pioneiras e á superioridade técnica do coche dos italianos, un Itala de 7.433 cc e 35/45 CV.[2]

O segundo na carreira foi Charles Goddard no Spyker. Non tiña cartos, tiña que pedir gasolina aos demais e pediu prestado o coche para a carreira. Foi arrestado por fraude preto do final da carreira. Algúns dos outros coches tiveron dificultades para subir barrancos, a través de barro, areas movedizas e pontes de ríos non deseñados para vehículos. O triciclo Contal quedou atascado no Deserto de Gobi e non recuperouse, afortunadamente a tripulación foi atopada viva polos lugareños. Barzini publicou o libro Peking to Paris en 1908[3], cheo de centos de fotos.

Recreacións editar

 
O Itala arrastrado a través dun terreo intransitable

Realizáronse varias carreiras para reeditar o evento, incluíndo a Carreira Nova York-París de 1908 que partiu desde Nova York, polo oeste ata París (parte do camiño por mar). Durante a maior parte do século XX non se puideron celebrar outras recreacións, debido ao establecemento da URSS despois da Revolución Rusa de 1917. Despois da disolución da Unión Soviética a principios dos 90, os pilotos foron autorizados novamente a correr.

1990 editar

En 1990 celebrouse o London to Peking Motor Challenge, que correu en sentido oposto á carreira orixinal, de Londres a Pequín.

1997 editar

En 1997 celebrouse "The Second Peking to Paris Motor Challenge", composto por 94 coches de época, que tomou unha ruta máis meridional a través do Tíbet, India, Paquistán, Irán, Turquía, Grecia e Italia. Gañouna o par británico Phil Surtees e John Bayliss, pilotando un Willys Jeep de 1942.

2005 editar

O 18 de abril de 2005 un Fiat 500 de 1973 o fixo desde Bari, Italia, ataa Pequín nunha viaxe de 16.000 quilómetros a través de Rusia e pasando por Vladivostok. A ruta era parcialmente similar á orixinal. Conducido durante 100 días por Danilo Elia e Fabrizio Bonserio, o vello e diminuto coche foi seguido ao longo da súa viaxe por xornais e televisións de todo o mundo. Despois da longa viaxe, Elia escribiu un libro titulado La bizzarra impresa (ISBN 88-7480-088-6, en italiano, tamén dispoñible en alemán polo National Geographic Deutschland (Echt Abgefahren, ISBN 978-3-89405-834-0).

O 15 de maio de 2005 cinco coches liderados por Lang Kidby partiron de Pequín cara a París, volvendo sobre a ruta orixinal con coches moi similares aos orixinais; un Spyker de 1907, un de De Dion-Bouton de 1907 e 1912, un Itala de 1907 e unha réplica de coche triciclo Contal. Esta viaxe foi televisada pola Australian Broadcasting Corporation nunha serie documental de catro partes titulada Peking to Paris. O programa foi presentado por Warren Brown, un dos dous pilotos do Itala e un debuxante do xornal de Sydney The Daily Telegraph. O equipo australiano, que conducía cara ao oeste, reuniuse co Fiat 500 italiano, conducindo cara ao leste, nunha reunión non planificada, nalgún lugar preto de Krasnojarsk, Rusia.

2007 editar

En 2007 a Endurance Rally Association organizou un rally para celebrar o centenario da carreira orixinal de 1907. A diferenza do evento de 1997, tamén realizado por Philip Young, que tomou unha ruta cara ao sur, este evento seguiu con máis fidelidade a ruta tomada polo príncipe Borghese en 1907 no Itala gañador. De Pequín, os competidores dirixíronse cara ao norte ata a fronteira con Mongolia en Zamyn-Üüd e, como na súa ruta orixinal, ao norte a Ulaan Bataar. A ruta logo pasou ao oeste a través de Mongolia], cruzando a fronteira rusa en Tsagaannuur e a través de Siberia a Moscova, a San Petersburgo (onde o príncipe Borghese asistiu a "un gran banquete") e entón polos países bálticos para terminar en París. Participaron 126, veteranos, vintage e coches clásicos, sendo o máis antigo un Mercedes de 1903. O maior desafío do rali foi Mongolia e o deserto de Gobi sen estradas convencionais, simplemente pistas cheas de fochancas no mellor dos casos. Malia isto, 106 cruzaron a liña de meta. A concentración cubriu 12.642 km en 36 días.[4]

2013 editar

A quinta carreira comezou en Pequín o 28 de maio de 2013.[5] Foi para coches antigos e durou 33 días. Na terceira semana, a carreira quedou marcada pola morte dunha participante británica, Emma Wilkinson, de 46 anos de idade, nun choque frontal cun vehículo sen relación co evento.[6]

Monumentos editar

 
Unha escultura do Itala de Borghese en Kirov, Rusia

En 2015, encargado pola fábrica de pneumáticos Pirelli en Kirov, erixiuse un monumento ao Itala de Borghese en Kirov, Rusia.[7] O monumento conmemora o feito de que o equipo de Borghese fixera unha escala na gobernación de Vyatka. O monumento creouno a deseñadora Elena Gurina e o ferreiro Eduard Gurin.[8]

Notas editar

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • The Mad Motorists- The Great Peking to Paris Race of '07 by Allen Andrews (1965) J B Lippincott Co. ASIN: B0006BLYX0
  • Peking to Paris - The Ultimate Driving Adventure - Veloce Publishing
  • The Great Peking to Paris Expedition - Harper Collins - 2005 ISBN 0-7322-8253-5
  • Due mondi visti da un'Alfa - Nada editore

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar