Pepa Noia

activista arxentina

Josefina García, máis coñecida como Pepa Noia, nada en Buenos Aires o 6 de xullo de 1921 e finada na mesma cidade o 31 de agosto de 2015, foi unha muller de orixe galega[1] coñecida pola seu activismo dentro das Nais da Praza de Maio[2], asociación da que foi unhas das fundadores e que ten por obxectivo reclamar xustiza pola desaparición dos seus fillos pola acción da ditadura militar na Arxentina.

Pepa Noia
Nacemento6 de xullo de 1921
 Buenos Aires
Falecemento31 de agosto de 2015
 Buenos Aires
NacionalidadeArxentina
Ocupaciónactivista
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Estaba, dende os vinte anos, casada con Juan Carlos Noia, do que tomou o apelido e co que tivo catro fillos. A terceira, María Lourdes, psicóloga e docente, foi secuetrada en 1976, así como tamén o seu compañeiro sentimental, Enrique Mario Mezzadra, liberado o 21 de outubro dese ano. O fillo da parella, de ano e medio de idade, quedou entón ao coido da avoa. Ao longo de catro décadas de busca, Pepa Noia apenas logrou recadar datos sobre a desaparición da súa filla a cargo da Xunta militar.

En 2010 foi distinguida como cidadá ilustre de Buenos Aires.

NotasEditar

  1. Morre Pepa Noia, a galega fundadora de Madres de Plaza de Mayo, nova en Sermos Galiza.
  2. O 30 de abril de 1977 Pepa Noia foi a primeira en chegar á Praza de Maio.

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar