Penny Vincenzi
Penelope Vincenzi, nada en Bournemouth co nome de Penelope Hannaford o 10 de abril de 1939 e finada o 25 de febreiro de 2018, foi unha escritora inglesa.[1]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 10 de abril de 1939 Bournemouth, Reino Unido |
Morte | 25 de febreiro de 2018 (78 anos) |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Reino Unido |
Educación | Notting Hill and Ealing High School (en) |
Actividade | |
Campo de traballo | Escrita creativa e profesional e xornalismo |
Lugar de traballo | Inglaterra |
Ocupación | escritora , xornalista |
Período de actividade | 1989 - |
Lingua | Lingua inglesa |
Obra | |
Obras destacables
| |
Páxina web | pennyvincenzi.com |
Traxectoria editar
Foi a filla única de Stanley George Hannaford (finado en 1985) e Mary Blanche Hannaford, nada Hawkey (finada 1987) de New Milton, Hampshire.[2][3] De nena a familia mudouse a Devon, e foi educada no Notting Hill and Ealing High School.[3]
En 1962 comezou a traballar no Daily Mirror como secretaria, e logo dun ano traballou para Marjorie Proops, que sabedora das súas ambicións xornalísticas, lle permitiu axudala con pequenas investigacións e encomendas.[4] Como xornalista de moda traballou para publicacións como o Daily Mirror e Vogue.
Vida persoal editar
Con 19 anos coñeceu Paul Robert Vincenzi, empresario publicitario, fillo do doutor Julius Vincenzi, de Earls Colne, Essex.[3] Casaron o 27 de maio de 1960, e tiveron catro fillas.[3][4] O seu home finou por mor dun tumor cerebral en 2009.
Obra editar
- Old Sins (1989)
- Wicked Pleasures (1992)
- An Outrageous Affair (1993)
- Another Woman (1994)
- Forbidden Places (1995)
- The Dilemma (1996)
- Windfall (1997)
- Almost a Crime (1999)
- No Angel (2000)
- Something Dangerous (2001)
- Into Temptation (2002)
- Sheer Abandon (2005)
- An Absolute Scandal (2007)
- The Best of Times (2009)
- The Decision (2011)
- A Perfect Heritage (2014)
- A Question of Trust (2017)
Notass editar
- ↑ Katherine Cowdrey (26 de febreiro de 2018). "'Beloved' author Penny Vincenzi dies". The Bookseller.
- ↑ "Penny Vincenzi". bfi.org.uk. Consultado o 17 de decembro de 2016.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 Lucy Hume (5 de outubro de 2017). Debrett's people of today 2017. p. 1893. ISBN 978-1-9997670-3-7. Consultado o 22 de febreiro de 2022.
- ↑ 4,0 4,1 "How We Met: Penny Vincenzi and Marjorie Proops". independent.co.uk. 12 de decembro de 1993. Consultado o 27 de febreiro de 2018.