Carole Penny Marshall,[1] nada o 15 de novembro de 1943 e finado o 17 de decembro de 2018[1] foi unha actriz, directora e produtora estadounidense. Acadou a fama na década de 1970 polo seu papel de Laverne DeFazio na serie de televisión Laverne & Shirley (1976–1983), recibindo tres nomeamentos ós Globos de Ouro á mellor actriz de serie cómica ou musical pola súa interpretación.

Penny Marshall
Nacemento15 de outubro de 1943
Lugar de nacementoBronx
Falecemento17 de decembro de 2018
Lugar de falecementoOs Ánxeles
Causadiabetes mellitus tipo 1
SoterradaForest Lawn Memorial Park
NacionalidadeEstados Unidos de América
Relixióncongregacionalismo
Alma máterUniversidade do Novo México e Walton High School
Ocupacióndirectora de cine, produtora, guionista, escritora, especialista de cinema, cantante, bailarina, actriz de dobraxe, humorista, actriz de cinema, actriz de televisión, realizadora e actriz
PaiAnthony W. Marshall
CónxuxeRob Reiner
FillosTracy Reiner
IrmánsGarry Marshall e Ronny Hallin
PremiosCrystal Award e star on Hollywood Walk of Fame
Na rede
IMDB: nm0001508 Allocine: 13993 Rottentomatoes: celebrity/penny_marshall Allmovie: p101407 TCM: 123130 TV.com: people/penny-marshall
Musicbrainz: 5c97339d-8b0d-4fd2-ada5-073b9201e433 WikiTree: Marshall-15792 Find a Grave: 195426118 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Marshall comezou a dirixir filmes na década de 1980, facendo o seu debut con Jumpin' Jack Flash (1986) antes de dirixir Big (1988), que se converteu no primeiro filme dirixido por unha muller en recadar máis de 100 millóns de dólares nos Estados Unidos. Posteriormente dirixiu filmes como Espertares (1990), que foi nomeado ó Óscar ó mellor filme, A League of Their Own (1992), Un poeta entre reclutas (1994), The Preacher's Wife (1996), e Os mozos da miña vida (2001). Foi produtora de filmes como Cinderella Man (2005) e Bewitched (2005) e dirixiu algúns episodios das series de televisión According to Jim e United States of Tara.

Notas editar

  1. 1,0 1,1 Born Carole Penny Marshall in 1943, as per My Mother Was Nuts, a Memoir, p. 10; ISBN 978-0-547-89262-7. Copyright 2012

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar