Coordenadas: 50°3′N 5°38′O / 50.050, -5.633

Penberth (córnico: Benbryhi)[1] é un val, aldea costeira e enseada na península de Penwith en Cornualla (Reino Unido). Está aproximadamente a 7 km ao suroeste de Penzance. A maior parte da aldea pertence á parroquia de St Buryan e unha pequena parte na de St Levan tras pasar o río Penberth[2].

Enseada de Penberth

En tempos pasados en Penberth houbo unha importante industria pesqueira dedicada á sardiña [3] e pernamece como unha das poucas enseadas pesqueiras tradicionais en Cornualla, dedicándose aínda uns poucos pescadores locais á xarda, lagosta e cangrexo. Existe tamén unha industria de cultivo de flores que se envían a Londres.[3]

Notas editar

  1. Place-names in the Standard Written Form (SWF) Arquivado 15 de maio de 2013 en Wayback Machine. : List of place-names agreed by the MAGA Signage Panel Arquivado 15 de maio de 2013 en Wayback Machine.. Cornish Language Partnership.
  2. Ordinance Survey: Landranger map sheet 203 Land's End ISBN 978-0-319-23148-7
  3. 3,0 3,1 Beale, Jenny (Outubro de 2012). "Penwith South Coast Walk with Adam Sharpe June 17th 2012" (PDF). Cornwall Archaeological Society Newsletter (130). p. 3. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 14 de xullo de 2014. Consultado o 16 de xuño de 2014.