Península de Monterreal

promontorio natural en Baiona
(Redirección desde «Península de Monteboi»)

A península de Monterreal ou de Monteboi é un promontorio natural situado na vila de Baiona, na provincia de Pontevedra.[1]

A península de Monterreal ou de Monte do Boi.

Historia editar

Coñécese dende hai máis de 2.000 anos como recinto amurallado. Habitaron aquí celtas, fenicios e romanos, os cales foron moitas veces atacados. Existen tamén restos dun castro. Antigamente asentouse aquí a vila de Baiona, por privilexio outorgado polos Reis Católicos para defenderse das incursións corsarias.[1] Outro privilexio foi o cambio de nome: de Monteboi a Monterreal; dándolle así máis importancia.

Xeografía editar

A península ocupa unha extensión de 18 hectáreas rodeadas de 3 km. As murallas datan de entre os séculos XI e XVII.[1] Na península hai catro praias: Cuncheira, Os Frades, Barbeira e A Ribeira.

Parador "Conde de Gondomar-Baiona" editar

Artigo principal: Parador de Baiona.

O recinto converteuse en residencia de gobernadores, como o Conde de Gondomar. Despois de pasar a mans privadas o Ministerio de Información e Turismo mercou o terreo e construíu o Parador "Conde de Gondomar".[1]

Muralla editar

A muralla mantén as tres torres dende as que se vixiaba a fortaleza. Na entrada está a torre do Reloxo ; ó leste érguese a torre da Tenaza e na parte oriental da fortaleza, sobre a baía de Baiona, atópase a torre do Príncipe. Esta última ten tres escudos (dos Austrias, dos Soutomaior e o de Baiona). Debe o seu nome ó príncipe portugués Afonso Enriques que estivo retido nesa torre.[1]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 Concello de Baiona. "Fortaleza de Monterreal". Consultado o 30/10/2014. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar