Pemberton-Billing P.B.25

O Pemberton-Billing P.B.25 foi un avión de exploración británico da primeira guerra mundial construído por Pemberton-Billing Limited, posteriormente Supermarine Aviation Works Limited.

Pemberton-Billing P.B.25
FabricantePemberton-Billing Limited
Primeiro voosetembro de 1915
Principais usuariosRoyal Naval Air Service
Unidades construídas20

Deseño e desenvolvemento editar

O P.B.23 deseñouse en 1915 como un biplano monopraza de exploración, coa góndola da fuselaxe montada entre as ás. A góndola tiña unha cabina aberta para o piloto na parte danteira, e na parte traseira estaba o motor de 80 hp (60 kW) Le Rhône 9C movendo unha hélice en posición "pusher". Montáronse derivas e temóns xemelgos nun plano de cola de gran envergadura cun elevador conectado, todo unido á estrutura das ás a través de catro brazos. O P.B.23 non conseguiu ningún pedido despois de realizar o seu primeiro voo en setembro de 2015, pero 20 unidades da versión mellorada, o P.B.25, foron pedidas polo Royal Naval Air Service. O P.B.25 tiña ás inclinadas cara a atrás, un tren de aterraxe modificado, e unha góndola da fuselaxe revisada. Orixinalmente tiña un motor xiratorio de 110 hp (82 kW) Clerget, pero os 20 avións do RNAS foron equipados cos motores de pistóns xiratorios Gnome Monosoupape 9 Type B-2.

Operadores editar

  Reino Unido

Especificacións (P.B.25) editar

Datos de The British Fighter since 1912[1]

Características xerais editar

  • Tripulación: 1
  • Lonxitude: 7,34 m
  • Envergadura: 10,06 m
  • Altura: 3,18 m
  • Superficie alar: 25,7 m2
  • Peso baleiro: 490 kg
  • Peso bruto: 715 kg
  • Planta de potencia: 1 motor de pistóns xiratorio refrixerado por aire Gnome Monosoupape 9 Type B-2 9-cylinder de 100 hp (75 kW)
  • Hélices: hélice impulsora de paso fixo de 4 pas

Rendemento editar

  • Velocidade máxima: 159 km/h a nivel do mar
  • Alcance: 320 km (aprox.)
  • Tempo ata altitude: 1 829 m en 8 minutos e 30 segundos

Armamento editar

  • Armas: 1 metralladora Lewis de 7,7 mm disparando cara a adiante

Notas editar

  1. Mason, Francis K. (1992). The British Fighter since 1912. Annapolis, Maryland: Naval Institute Press. pp. 45–46. ISBN 1-55750-082-7.