Pelayo Novo
Pelayo Novo García, coñecido habitualmente como Pelayo, nado en Oviedo o 1 de novembro de 1990 e finado en Asturias o 28 de febreiro de 2023, foi un futbolista español.
Pelayo | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nome | Pelayo Novo García | ||
Nacemento | 1 de novembro de 1990 (33 anos) | ||
Lugar de nacemento | Oviedo | ||
Falecemento | 28 de febreiro de 2023 | ||
Altura | 1,83 m | ||
Posición | Centrocampista | ||
Información de club | |||
Club actual | Lugo | ||
Número | 17 | ||
Carreira xuvenil | |||
2006-2009 | Real Oviedo | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
2007–2009 | Real Oviedo B | 6 | (3) |
2008–2012 | Real Oviedo | 94 | (14) |
2012– | Elche | 26 | (1) |
2013–2014 | → Córdoba (ces.) | 24 | (1) |
2014–2015 | → Lugo (ces.) | 14 | (4) |
Partidos e goles só en liga doméstica. Selección: actualizado a 14 de abril de 2015[ editar datos en Wikidata ] | |||
Traxectoria editar
Nado en Oviedo, Pelayo comezou xogar nas categorías inferiores do equipo da súa cidade natal, o Real Oviedo. Alí subiu rapidamente ao primeiro equipo, onde xogou desde 2008 até o 2012. No seu último ano no club ovetense, marcou 7 goles en 34 partidos, nun total de 2.749 en minutos de xogo, para axudar aos asturianos a rematar na sexta posición. O 6 de xullo de 2012, asinou un contrato de tres anos co Elche CF na Segunda División.[1] O 19 de agosto fixo o seu debut oficial ao entrar en substitución de Carles Gil nos últimos minutos, partido que gañou o seu equipo na casa por 4-2 contra a Ponferradina.[2] O 6 de outubro do mesmo ano anotou o seu primeiro gol en liga, axudando ao seu equipo a gañar por 2-1 contra o Mirandés.[3]
Tras acadar o ascenso co club ilicitano, asinou un novo contrato por dous anos, sendo logo transferido en calidade de cedido ao Córdoba en xullo de 2013.[4] En Córdoba deu no decisivo partido polo ascenso o pase de gol que lle valía ao club andaluz xogar na seguinte tempada na Primeira División, nun estraño partido contra a Unión Deportiva Las Palmas. Así, Pelayo conseguiu dous ascensos nos seus dous primeiros anos na categoría de prata.[5] O 29 de xullo de 2014 anunciouse a súa cesión de novo a un club da Segunda división, esta vez ao Lugo.
Deixou o fútbol en 2018, despois dunha caída dende o terceiro piso dun hotel que o deixou nunha cadeira de rodas.[6] Faleceu o 28 de febreiro de 2023, con 32 anos, ao tirarse ás vías do tren na estación asturiana de La Corredoria.[7]
Clubs editar
Ano | Club | División | Partidos | Goles |
---|---|---|---|---|
2009-2010 | Real Oviedo | Segunda B | 24 | 4 |
2010-2011 | Real Oviedo | Segunda B | 19 | 2 |
2011-2012 | Real Oviedo | Segunda B | 34 | 7 |
2012-2013 | Elche CF | Segunda | 26 | 1 |
2013-2014 | Córdoba CF | Segunda | 22 | 1 |
2014-2015 | CD Lugo | Segunda |
Títulos editar
- Segunda División (2012-13)
- Ascenso á Primeira División (2012-13, 2013-14)
Notas editar
- ↑ "Pelayo llega al Elche C.F.". Arquivado dende o orixinal o 29 de xullo de 2014. Consultado o 29 de xullo de 2014.
- ↑ La pegada del Elche castiga a la Ponferradina
- ↑ El líder asalta Anduva y sigue demostrando que no va de farol
- ↑ Pelayo Novo renueva por dos años y se va cedido al Córdoba
- ↑ "El centrocampista ovetense logra subir a Primera División por segundo año consecutivo". Arquivado dende o orixinal o 29 de xullo de 2014. Consultado o 29 de xullo de 2014.
- ↑ "Una segunda oportunidad para Pelayo Novo: triunfa en el tenis en silla, "una terapia tras el accidente"". La Vanguardia.
- ↑ "La causa real de la muerte del futbolista Pelayo Novo" (en castelán). 2 de marzo de 2023. Consultado o 2 de abril de 2023.