Pegasus (satélites)

(Redirección desde «Pegasus 2»)

Pegasus foi unha serie de tres satélites da NASA lanzados para investigar a abundancia de micrometeoritos preto da Terra.[1][2]

Representación dun satélite Pegasus.

Características editar

Os satélites Pegasus tiñan como misión estudar a abundancia de micrometeoritos no rango de masas de 10-4 a 10-7 gramos na rexión próxima á Terra. Cada satélite, lanzado mediante un Saturno I, consistía nunha etapa Saturno IV con dous grandes paneis despregables sensibles á penetración. Os paneis, despregados, tiñan unhas dimensións totais de 29,3 m de lonxitude por 4,3 m de alto. A masa total de cada satélite era de 10.500 kg e todos se lanzaron durante 1965.[1][2]

O uso de foguetes e etapas do proxecto Apollo serviu tamén para validar as operacións e compatibilidade destes elementos.[1][2]

Historial de lanzamentos editar

Misión[1][2] Data de lanzamento[1][2] Foguete lanzador[1][2] Notas[1][2]
Pegasus 1 16 de febreiro de 1965 Éxito Saturno I
Pegasus 2 25 de maio de 1965 Éxito Saturno I
Pegasus 3 30 de xullo de 1965 Éxito Saturno I

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 Mark Wade (2020). "Pegasus satellite" (en inglés). Consultado o 30 de decembro de 2020. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "Pegasus 1, 2, 3" (en inglés). Consultado o 30 de decembro de 2020. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar