Abrir o menú principal

Pedro e Juan Moreno

Vista do edificio 'Torre dos Moreno', emblemático de Ribadeo, (tomada dende o Parque da Praza de España o 7 de febreiro de 2005), fachada SO

Os irmáns Pedro María e Juan María Moreno Ulloa foron dous indianos nados no barrio dos Garitos de Ribadeo, que retornaron cartos para construír a chamada Torre dos Moreno, rematada en 1911, edificio emblemático de Ribadeo.[1]

TraxectoriaEditar

Nados no barrio de Garitos, foron bautizados en Ove, Ribadeo o 9 de xuño de 1840 (Pedro, nado o 7/6/1840) e o 7 de marzo de 1845 (Juan, nado o 5/3/1845)[1], respectivamente por D. Bernardo Miranda y Trelles. O seu deceso foi respectivamente en 1921 e 1928, na Arxentina.

Juan Moreno achegou 150 000 pesetas para a construción do instituto ribadense. Asemade, doaron terreos para o cemiterio municipal, fixeron construír a capela do mesmo, doaron o cerramento do cemiterio e construíron o camiño ata o mesmo. Foron nomeados 'fillos predilectos' de Ribadeo.

Tras diversas xestións,[2] o 10 de febreiro do 2005 chegaron a Ribadeo as cinzas dos irmáns Moreno,[3] procedentes da Arxentina. Recibiunas unha delegación oficial do concello, acompañados por un representante da asociación veciñal "O Tesón", impulsor da repatriación, Gilberto Suárez Méndez.

 
Placa de homenaxe a Juan Moreno na biblioteca pública 'El Viejo Pancho' de Ribadeo

NotasEditar

  1. 1,0 1,1 "El alcalde confía en celebrar los actos a principios de año". La Voz de Galicia (en castelán). 2004-11-10. Consultado o 2019-03-04. 
  2. "Emigración ayudará a repatriar a Ribadeo los restos de Los Moreno". La Voz de Galicia (en castelán). 2004-09-30. Consultado o 2019-03-04. 
  3. "Ribadeo consuma la repatriación de los restos de los hermanos Moreno". La Voz de Galicia (en castelán). 2005-02-09. Consultado o 2019-03-04. 

Véxase taménEditar