Pedro de la Sierra

arquitecto español

Pedro de la Sierra foi un arquitecto na transición de arte galega do século XVI ao XVII.

Pedro de la Sierra
Nacementoséculo XVI
Falecementoséculo XVII
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónarquitecto
editar datos en Wikidata ]
Claustro renacentista do mosteiro de San Clodio.
Bóvedas de cruceria do claustro renacentista do mosteiro de San Clodio.

Entre os traballos máis salientables están os que realizou en 1599 na igrexa do Mosteiro de Santa María de Montederramo e no Mosteiro de San Clodio de Leiro en 1607. Cómpre mencionar tamén as obras no Convento de San Francisco de Ribadavia.

O cabido da Catedral de Ourense tamén reclamou os seus servizos para finalizar as obras de construción do deambulatorio da devandita catedral, que rematou no ano 1633.

As súas obras caracterízanse polo equilibrio e a elegancia e definen exemplos do mellor da arquitectura conventual e monacal da época en Galicia.