Pedro Sáez Pichel

comerciante e político galego

Pedro Sáez Pichel, finado en Noia o 19 de agosto de 1966, foi un comerciante e político galego.

Infotaula de personaPedro Sáez Pichel
Biografía
Nacementoséculo XIX Editar o valor em Wikidata
Morte19 de agosto de 1966 Editar o valor em Wikidata
Noia, España Editar o valor em Wikidata
Alcalde de Noia
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióncomerciante , político Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Comerciante en Noia. Membro da candidatura da Unión Monárquica Nacional nas eleccións de abril de 1931, durante a República foi concelleiro de Noia. Foi un dos asinantes do manifesto do Centro de Apoyo a la República en 1931. Participou na constitución de Acción Popular de Noia en 1933. No franquismo foi nomeado polo gobernador civil alcalde de Noia o 7 de marzo de 1944. Permaneceu no cargo até 1949. Finou en Noia o 19 de agosto de 1966.[1]


Predecesor:
Juan Pérez Pérez
  
Alcalde de Noia
 
1944 - 1949
Sucesor:
Manuel Blanco Ons

Vida persoal editar

Casou con Obdulia Lestón Ferrer e foi pai de María del Socorro, Obdulia, Rafael, María de los Angeles, Pedro, María, Enriqueta, Josefina e María de la Concepción Sáez Lestón.

Notas editar

  1. Necrolóxica en La Voz de Galicia, 20-8-1969, p. 18

Véxase tamén editar

Bibliografía editar