Pedro Puy Fraga

político galego

Pedro Puy Fraga, nado en Granada en 1962, é un avogado e político galego do PPdeG.

Pedro Puy Fraga
Nacemento1962
Lugar de nacementoGranada
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico
PaiFrancisco Puy Muñoz
Na rede
Dialnet: 168921
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Fillo de Francisco Puy Muñoz e Rosario Fraga Iribarne, irmá de Manuel Fraga[1]. Doutor en dereito, é profesor titular de Economía Aplicada na Universidade de Santiago de Compostela.[Cómpre referencia] Foi director xeral de Relacións Institucionais da Consellería de Presidencia e secretario da Comisión Mixta de Transferencias da Comisión Bilateral Administración Xeral do Estado-Comunidade Autónoma de Galicia.[Cómpre referencia] Foi conselleiro do Consello de Contas de Galicia entre os anos 2002 e 2005. Foi elixido deputado do Parlamento de Galicia nas autonómicas de 2009, actuando como voceiro de Economía do Grupo Popular e desde marzo de 2011 voceiro do Grupo Parlamentario Popular. Volveu ser elixido deputado nas autonómicas de 2012 e continuou como voceiro do Grupo Parlamentario Popular.[Cómpre referencia]

Notas editar

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar