Abrir o menú principal

Pedro Otero Sestelo

farmacéutico e político galego

Pedro Otero Sestelo, nado en Redondela e finado na mesma vila o 5 de decembro de 1936[1], foi un farmacéutico e político galego

Pedro Otero Sestelo
Pedro Otero Sestelo. Alcalde en 1930. Foto Red. crónica dun tempo pasado.jpg
 Redondela
Falecemento5 de decembro de 1936
 Redondela
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónfarmacéutico e político
PaiPedro Otero Milleiro
FillosPedro Otero Rey
editar datos en Wikidata ]

Índice

TraxectoriaEditar

Fillo de Pedro Otero Milleiro. Foi elixido alcalde de Redondela en abril de 1931 e dimitiu do cargo en agosto de 1932 ao ser nomeado farmacéutico municipal. Foi nomeado xestor da Deputación de Pontevedra en xuño de 1931 e volveu ser nomeado xestor da Deputación en febreiro de 1934. Foi o presidente fundador do equipo de fútbol Redondela F. C.


Predecesor:
Luís Pereira Míguez
  
Alcalde de Redondela
 
1931 - 1932
Sucesor:
Florencio Soto López

Vida persoalEditar

Casou con Carmen Rey Belle e foi pai de Pedro Otero Rey.

NotasEditar

  1. El Pueblo Gallego, 11-12-1936, p. 9.

Véxase taménEditar