Pedro I de Serbia
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde setembro de 2017.) |
Pedro I de Serbia (en serbocroata Petar I Karadjordjević / Петар Карађорђевић I), nado en Belgrado o 29 de xuño de 1844 e finado na mesma cidade o 16 de agosto de 1921, tamén camado Pedro I Karadjordjević e coñecido como o Rei Pedro o Libertador, foi rei de Serbia de 1903 a 1918 e, desde o 1 de decembro dese ano, o primeiro rei dos Serbios, Croatas e Eslovenlos reino que, desde o principio, foi chamado coloquialmente Iugoslavia no reino e no resto de Europa.
Nome orixinal | (fr) Pierre Ier de Serbie |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 29 de xuño de 1844 (Xuliano) Belgrado, Serbia |
Morte | 16 de agosto de 1921 (77 anos) Belgrado, Serbia |
Lugar de sepultura | Oplenac (en) 44°14′50″N 20°41′01″L / 44.2472, 20.6836 |
Rei | |
Datos persoais | |
Relixión | Igrexa ortodoxa serbia |
Educación | Escola Militar Especial de Saint-Cyr (pt) (–1862) First Belgrade Gymnasium (en) |
Actividade | |
Ocupación | oficial |
Carreira militar | |
Rango militar | field marshal (Serbia and Yugoslavia) (en) |
Conflito | Guerra franco-prusiana |
Outro | |
Título | King of Serbia (en) |
Familia | Dinastía Karagjorgjevich |
Cónxuxe | Zorka de Montenegro (1883–valor descoñecido) |
Fillos | Helena da Sérvia, Milena Кarađorđević, Jorge, Príncipe Herdeiro da Sérvia, Alexandre I de Iugoslavia |
Pais | Alexandre Karađorđević e Persida Nenadović |
Irmáns | Prince Arsen of Yugoslavia Kleopatra Karađorđević |
Premios | |
Descrito pola fonte | Obálky knih, Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron The New Student's Reference Work (en) |
Traxectoria
editarFoi fillo do knez Alexandre Karadjordjević de Serbia e a súa consorte, a princesa Persida Nenadović. O príncipe Alexandre abdicou en 1858 e levou ao seu fillo con el ao exilio, na actual Romanía.
Estudou en Xenebra, pero pasou a maior parte do seu exilio en Francia, onde recibiu formación militar en París e Metz.[1] Participou na guerra franco-prusiana de 1871 como oficial do exército francés. Nunha ocasión, durante a guerra, despois de ser separado da súa unidade, evitou a súa captura cruzando a nado as augas conxeladas do Loira.
Durante o levantamento dos serbios contra o Imperio Otomán (1876) en Bosnia e en Herzegovina, Pedro adoptou o nome de Mrkonjić, unha versión eslavizada do seu apelido, uníndose á loita pola liberdade.
Tivo que abandonar a rexión ante a insistencia do entón príncipe (knez) Milan Obrenović, o gobernante de Serbia, que viu a Pedro como un rival e temía pola súa popularidade entre o pobo serbio.
Casou coa princesa Zorka de Montenegro, filla do rei Nicolao I de Montenegro, en 1883. Tiveron cinco fillos: a Princesa Elena en 1884, a Princesa Milena en 1886, o Príncipe Xurxo en 1887, o Príncipe Alexandre en 1888 e o Príncipe André en 1890. A Princesa Milena morreu á idade dun ano, en 1887, e o Príncipe André, o último fillo, morreu no parto xunto coa súa nai.
Pedro regresou a Serbia en 1903, cando nun sanguento golpe de Estado militar foi asasinado o rei Alexandre I.[2] Pedro foi coroado kraij (rei) de Serbia o 11 de xuño.
Reinado
editarA educación occidental recibida polo rei fíxolle tratar de liberalizar Serbia co obxectivo de crear unha monarquía constitucional de estilo occidental, incluso traduciu ao serbio o libro On Liberty (Sobre a Liberdade) de John Stuart Mill.
Optou por retirarse debido a problemas de saúde despois das guerras dos Balcáns que, desde unha perspectiva serbia, foron un grande éxito.[3] O poder executivo pasou ao seu fillo Alexandre.[4]
O rei estivo relativamente inactivo durante a primeira guerra mundial, aínda que de cando en vez visitou as trincheiras para comprobar o estado das súas tropas.[5] Participou nunha visita memorábel en 1915 cando, con 71 anos, colleu un rifle e disparou a soldados inimigos.
A súa última aparición pública foi o 1 de decembro de 1918, cando foi proclamado rei dos Serbios, Croatas e Eslovenos.
O rei Pedro I morreu en Belgrado en 1921, á idade de 77 anos.
Sucesión
editarComo fillo máis vello, o príncipe Xurxo era o presunto sucesor do rei Pedro. Pero isto cambiou en 1909, cando pateou un servente até provocarlle a morte nun ataque de ira, suceso que obrigou o príncipe herdeiro a renunciar aos seus dereitoa ao trono en favor do seu irmán Alexandre.
Legado
editarO rei Pedro I é recordado pola súa modestia, que se atribúe á súa formación militar. Foi moi popular ao longo do seu reinado e segue a ser un dos dirixentes máis populares dos Balcáns occidentais. É considerado como o pai fundador de Iugoslavia (este nome, coloquial, pero moi amplamente utilizado mesmo nos mapas de Europa durante os seus días, converteuse en oficial en 1929).
Os seus fillos tiveron moita influencia na política europea posterior. O seu fillo, o rei Alexandre I, uniu a Iugoslavia con Occidente e axudou a fomentar a nacente identidade nacional iugoslava. A súa filla, a princesa Elena, casou co Príncipe Ioann Konstantinóvich de Rusia, que foi asasinado na Revolución.
Precedido por: Alexandre I de Serbia |
Rei de Serbia 1903-1918 |
Sucedido por: Proclamado Rei dos Serbios, Croatas e Eslovenos |
Precedido por: Novo título |
Rei dos Serbios, Croatas e Eslovenos 1918-1921 |
Sucedido por: Alexandre I de Iugoslavia |
Galería de imaxes
editar-
Coroa da casa Karadjordjević
-
Pedro I con uniforme militar
-
Selo de Serbia de 1911, coa efixie do rei Pedro
-
Monumento a Pedro I en Bijeljina (Bosnia-Herzegovina)
Notas
editar- ↑ Eunet. Petar Karadjordjevic (en inglés) Consultada o 20/1/2012.
- ↑ A "Man Negra" asasina ao Rei Alexandre e á Raíña Draga Mašin Arquivado 16 de xuño de 2009 en Wayback Machine. (en inglés) Consultada o 20/1/2012.
- ↑ Gaspar Glavic: Mis lecturas sobre los 2000 años de la historia de Croacia. Studia Croatica - electronic edition
- ↑ King Petar I transfers the authority to the heir to the throne Aleksandar Arquivado 16 de xuño de 2009 en Wayback Machine. (en inglés) Consultada o 20/1/2012.
- ↑ [1] Who's who in World War One. Autor: J. M. Bourne (en inglés) Consultada o 20/1/2012.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Bourne, J. M. (2001): Who's who in World War One. Ed. Routledge. ISBN 0-415-14179-6
Outros artigos
editarLigazóns externas
editar- Sitio oficial da casa Karadjordjević (en inglés) Consultada o 20/1/2012.