Abrir o menú principal

Pedro María Herrera Sancristóbal, nado o 17 de xullo de 1959 en Bilbao é un futbolista retirado que xogaba na demarcación de centrocampista.

Pedro Herrera
Nome completoPedro María Herrera Sancristóbal
Nacemento17 de xullo de 1959
 Bilbao
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónfutbolista
FillosAnder Herrera
editar datos en Wikidata ]

Índice

TraxectoriaEditar

Formouse nas categorías inferiores do Athletic de Bilbao e no Erandio. Debutou en Segunda División no UD Salamanca con quen ascendeu a Primeira División. O ano do ascenso ficha polo Real Zaragoza, onde xogou as seguintes seis tempadas sendo unha peza importante do equipo.

Ao finalizar a tempada 1987-88 obtén a carta de liberdade do Zaragoza e ficha polo Celta de Vigo. En Vigo realiza moi boa tempada, rematando o equipo na oitava posición. Porén, a comezos do seguinte ano e tras moitas molestias diagnosticóuselle roturas na cartilaxe do xeonllo polo que ten que deixar a práctica do fútbol.

Pedro Herrera pasa a ser secretario técnico do club, posto que ocupou ata o ano 1993 cando ficha polo Real Zaragoza para o mesmo posto. Un dos seus maiores logros foi a fichaxe do xogador balcánico Vladimir Gudelj. O Celta nomeou a Javier Maté para substituílo na secretaría técnica do club.

Na actualidade Pedro Herrera segue ocupando o cargo de secretario técnico en Zaragoza.

O seu fillo, Ander Herrera, tamén e fútbolista e xoga no Athletic de Bilbao.

EquiposEditar

PalmarésEditar

Título Ano Club
Copa do Rei 1985-86 Real Zaragoza

Véxase taménEditar