Pedro Casaldáliga
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Pedro Casaldáliga Pla, nado en Balsareny (Barcelona) o 16 de febreiro de 1928 e finado en Batatais (Estado de São Paulo) o 8 de agosto de 2020,[1] foi un bispo católico, escritor e poeta catalán radicado no Brasil activista dos dereitos humanos.
Pedro Casaldáliga Pla | |
---|---|
![]() | |
Bispo da Igrexa Católica Latina | |
Biografía | |
Nacemento | 16 de febreiro de 1928 en Balsareny, provincia de Barcelona |
Ordes | |
Ordenación sacerdotal | 31 de maio de 1952 |
Consagración episcopal | 23 de outubro de 1971, por Fernando Gomes dos Santos |
Congregación relixiosa | Claretianos (dende o 31 de maio de 1952) |
Prelado Territorial de São Félix Bispo Titular de Altava | |
1971 - 2005 | |
Sucesor | Adriano Ciocca Vasino |
Cargos anteriores | Administrador Apostólico de São Félix (1970-1971) |
Outros | |
Ficha en catholic-hierarchy.org |
TraxectoriaEditar
Nado nunha familia labrega, formado no seminario de Vic foi ordenado sacerdote o 31 de maio de 1952 en Montjuïc (Barcelona).
En xuño de 1968 mudouse para o Mato Grosso, na Amazonía brasileira. O Papa Paulo VI nomeouno bispo de Araguaia en 1971. Adoptou como lema da actividade pastoral: Nada possuir, nada carregar, nada pedir, nada calar e, sobretudo, nada matar.
Comprometido coa xustiza social, a prol dos dereitos dos desfavorecidos e da identidade cultural dos indíxenas e dos seus dereitos económicos e sociais, enfrontouse a sectores latifundistas e militares e foi branco de ameazas de morte. Chegou a ser detido cando acudiu á delegación de Policía do poboado de Ribeirao Bonito o 12 de outubro de 1976 a parar determinadas torturas. Foi a poboación quen, tras a misa do sétimo día, o liberou. O seu colaborador e vicario João Bosco foi asasinado ao ser confundido con el.
Durante a ditadura militar iniciouse ata por catro veces o seu proceso de expulsión do país. De feito, foi remiso a saír para evitar o risco de non poder entrar de novo. Roma amosoulle as súas reservas o seu apoio á implicación de relixiosos nicaraguanos a prol da revolución e a súa aproximación á teoloxía da liberación. Con todo, nunca se lle abriu un proceso nin foi formalmente sancionado e recibiu o apoio da conferencia episcopal brasileira. Tras a súa xubilación, amosouse partidario dunha participación popular na elección dos bispos.
Aos seus 84 anos, por indicación da policía federal brasileira e escoltado por ela, viuse obrigado a abandonar a súa casa de Araguaia. A razón foi a intensificación das ameazas de morte que recibe dos facendeiros que se apropiaron violentamente das terras de Maraiwatseré, desposuíndo aos indios Xavantes. Estes indíxenas contaron sempre co apoio do bispo brasileiro, pero este mantívose e en paradeiro descoñecido por razóns de seguridade.
Por mor das súas ideas, tivorelación directa con varios papas, sendo amonestado por Xoán Paulo II e defendido por Paulo VI e Francisco, tendo influencia na encíclica Laudato Si' en 2015.[2]
Enfermo de Parkinson seguiu apoiando a causa da liberación dos marxinados no Brasil.
ObrasEditar
- Creio na justiça e na esperança.
- Com Deus no meio do povo.
- Opção pelos pobres (con Leonardo Boff e outros).
- Espiritualidade de libertação.
- Quando os días dão que pensar.
- Orações de caminhada.
- Sonetos neobíblicos, precisamente.
NotasEditar
- ↑ Solé Altimira, Oriol (8 de agosto de 2020). "Muere Pere Casaldàliga, el obispo de los pobres". eldiario.es (en castelán). Consultado o 9/08/2020.
- ↑ Bastante, Jesús (2020-08-08). "Pedro Casaldáliga, la muerte del obispo de la Amazonía". elDiario (en castelán). Consultado o 2020-08-10.