Pedro Areal

piragüista galego


Pedro Areal Abreu, nado en Tui[1] o 31 de agosto de 1967,[2] é un deportista e policía galego que compite en piragüismo na modalidade de maratón.

Infotaula de personaPedro Areal
Nome orixinalPedro Areal Abreu
Biografía
Nacemento31 de agosto de 1967
Tui
Datos persoais
País de nacionalidadeGalicia Galicia
Actividade
Ocupacióndeportista Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
DeportePiragüismo
Membro do equipo deportivoClub Kayak Tudense
Club Breogán do Grove
Club Escuela Piragüismo Aranjuez

Gañou cinco medallas no Campionato Mundial de Piragüismo en Maratón e foi seleccionado para dous Xogos Olímpicos, 1992 e 2000. Ademais, con 19 vitorias, é o piragüista máis laureado do Descenso Internacional do Sella, xunto a Bienvenido Pérez.

Traxectoria editar

Comezou a súa carreira deportiva no Club Kayak Tudense[3][4] e en 1984 logrou unha medalla de prata no Campionato de Europa de Piragüismo Júnior celebrado en Múnic, na categoría de C-2 1000.[5] Na mesma categoría logrou unha medalla de prata nos Xogos Mediterráneos de 1991 xunto ao medallista olímpico Narciso Suárez.[6] Ese mesmo ano participou, tamén con Narciso, no Campionato Mundial de Piragüismo en Augas Tranquilas, celebrado en París, finalizando en sexta posición no C-2 1000 metros.[7]

Xa no Club Breogán do Grove[8] logrouse clasificar para os Xogos Olímpicos de Barcelona 92 na categoría C-2 1000 formando parella con Narciso Suárez,[9][10] pero finalmente non puideron competir debido a problemas físicos.[2] En 1994 foi o primeiro piragüista español en gañar unha medalla nun Campionato Mundial de Piragüismo en Maratón, xunto a Bienvenido Pérez, ao remataren terceiros.[1] Era ademais a súa primeira participación. Repetiron medalla de bronce no seguinte mundial, en 1996, en Suecia.[11] En 1997 participaron no Campionato de Europa, celebrado en Pavia, rematando en cuarta posición.[12] Na seguinte cita mundial, en 1998 en Cidade do Cabo, quedaron á porta das medallas, na cuarta posición.[13] A partir dese momento o Mundial pasou a celebrarse cada ano, e en 1999 en Győr, Areal formou parella con Bernardo Merchán no C-2 rematando en sétima posición.[14] Foi seleccionado para os Xogos Olímpicos de 2000 en Sydney, mais quedou no banco de suplentes.[2]

No Mundial de 2001 celebrado no Reino Unido pasou a competir individualmente, no C-1, logrando subir ao podio en terceira posición.[15] Repetiu resultado na mesma categoría no seguinte mundial, celebrado en Zamora, sumando a súa cuarta medalla nos mundiais.[16] En 2003, participou no Campionato de Europa celebrado en Gdánsk, pero non puido rematar a súa carreira.[17] Ese mesmo ano, no mundial de Valladolid rematou en quinta posición[18] e en 2004, en Bergen, sexto.[19]

Tras varias edicións ausente volveu ao mundial en 2008, na cita celebrada na República Checa, onde finalizou en sétima posición.[20] No mundial de 2011, en Singapur, volveu á categoría C-2, formando parella con Tono Campos, e rematando en quinta posición.[21]

En 2018, competiu no Campionato de Europa celebrado en Metković na categoría C-1, chegando á meta en oitava posición.[22] En 2019, con 52 anos, volveu participar nun Mundial, na China, formando parella co catro veces campión do mundo pontevedrés, Óscar Graña. Finalizaron en quinta posición, nunha carreira na que o ouro foi para os tamén galegos Tono Campos e Diego Romero Fraga.[23][24]

Ademais dos seus éxitos internacionais, participou numerosas veces no Descenso Internacional do Sella, tanto en C-1 como en C-2, logrando a vitoria da súa categoría en 19 edicións,[25] o que o converte no deportista máis laureado desta competición, xunto a Bienvenido Pérez.[26]

Recoñecementos editar

En 2012 o Concello de Tui homenaxeou a Pedro Areal e a outros cinco deportistas olímpicos de Tui (Enrique Míguez Gómez, José Ignacio Bugarín, Jacobo Moroño, Jesús González Álvarez e Frank Casañas) nun acto no que se lle puxo a unha das rúas da vila o nome "Rúa Olímpicos Tudenses" e no que se inaugurou un monumento cos seus nomes,[27] ampliados en 2016 coa inclusión de Óscar Carrera[28]

En 2018, Areal e Bienvenido Pérez recibiron o Premio Valores do Sella, como os dous deportistas máis laureados da competición.[26]

Palmarés internacional editar

Campionato Mundial
Ano Lugar Medalla Evento
1994 Ámsterdam (  Países Baixos)   Bronce C2
1996 Vaxholm (  Suecia)   Bronce C2
2001 Stockton-on-Tees (  Reino Unido)   Bronce C1
2002 Zamora (  España)   Bronce C1
2003 Valladolid (  España)   Bronce C1

Notas editar

  1. 1,0 1,1 "Policías con licencia para ganar". La Voz de Galicia (en castelán). 18 de outubro de 2011. Consultado o 5 de novembro de 2019. 
  2. 2,0 2,1 2,2 "Pedro Areal y Oscar García no tuvieron suerte en Barcelona" (PDF) (en castelán). 26 de agosto de 2008. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 06 de novembro de 2019. Consultado o 5 de novembro de 2019. 
  3. "Club Kayak Tudense". 18 de agosto de 2019. Consultado o 5 de novembro de 2019. 
  4. "Pariente Polledo y López Barea, campeones de invierno". ABC (en castelán). 7 de abril de 1986. Consultado o 5 de novembro de 2019. 
  5. "Rubiera y Alvaro, oro en los europeos de júniors". ABC (en castelán). 16 de xullo de 1984. Consultado o 5 de novembro de 2019. 
  6. "Julián Sotelo, oro inesperado en jabalina". ABC (en castelán). 9 de xullo de 1991. Consultado o 5 de novembro de 2019. 
  7. "Resultados de París 1991". www.canoeresults.eu (en inglés). Consultado o 6 de novembro de 2019. 
  8. "Francisco López Barea y ella, representación hispalense en el equipo olímpico". ABC (en castelán). 29 de outubro de 1990. Consultado o 5 de novembro de 2019. 
  9. "Dieciocho gallegos ganaron ya su pase a los juegos olímpicos de Sidney". La Voz de Galicia (en castelán). 16 de agosto de 2000. Consultado o 6 de novembro de 2019. 
  10. "La pareja Román-Sánchez buscaráreverdecer los laureles olímpicos". ABC (xornal) (en castelán). 6 de abril de 1992. Consultado o 5 de novembro de 2019. 
  11. "Resultados de Vaxholm 1996" (PDF). www.canoeicf.com (en inglés). Consultado o 6 de novembro de 2019. 
  12. "Resultados de Pavía 1997" (PDF). www.canoeicf.com (en inglés). Consultado o 6 de novembro de 2019. 
  13. "Resultados de Cidade do Cabo 1998" (PDF). www.canoeicf.com (en inglés). Consultado o 6 de novembro de 2019. 
  14. "Resultados de Győr 1999" (PDF). www.canoeicf.com (en inglés). Consultado o 6 de novembro de 2019. 
  15. "Resultados de Stockton-on-Tees 2001" (PDF). www.canoeicf.com. Consultado o 6 de novembro de 2019. 
  16. "Resultados de Zamora 2002" (PDF). www.canoeicf.com (en inglés). Consultado o 6 de novembro de 2019. 
  17. "Resultados de Gdánsk 2003" (PDF). www.canoeicf.com (en inglés). Consultado o 6 de novembro de 2019. 
  18. "Resultados de Valladolid 2003" (PDF). www.canoeicf.com (en inglés). Consultado o 6 de novembro de 2019. 
  19. "Resultados de Bergen 2004" (PDF). www.canoeicf.com (en inglés). Consultado o 6 de novembro de 2019. 
  20. "Resultados de Týn nad Vltavou 2008" (PDF). www.canoeicf.com (en inglés). Consultado o 6 de novembro de 2019. 
  21. "Resultados de Singapur 2011" (PDF). www.canoeicf.com (en inglés). Consultado o 6 de novembro de 2019. 
  22. "Resultados de Metković 2018" (PDF). www.canoeicf.com (en inglés). Consultado o 6 de novembro de 2019. 
  23. "Resultados de Shaoxing 2019" (PDF). www.canoeicf.com (en inglés). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 06 de novembro de 2019. Consultado o 6 de novembro de 2019. 
  24. "España, segunda por países, cierra el Mundial de Maratón cosechando 10 medallas, 7 en sénior, 1 en sub23 y 2 en júnior" (en castelán). Consultado o 4 de novembro de 2019. 
  25. "El canoísta gallego Pedro Areal, el otro "rey" del Sella". La Nueva España (en castelán). 8 de agosto de 2016. Consultado o 5 de novembro de 2019. 
  26. 26,0 26,1 "Bienvenido Pérez y Pedro Areal reciben el Premio Valores del Sella 2018" (en castelán). 5 de agosto de 2018. Consultado o 5 de novembro de 2019. 
  27. "Tui dedica a los Olímpicos de Tui una calle veinte años después de acordarlo en pleno". Faro de Vigo (en castelán). 19 de novembro de 2012. Consultado o 6 de novembro de 2019. 
  28. "Óscar Carrera Amandi xa figura na rúa Olímpicos Tudenses". 19 de outubro de 2016. Consultado o 6 de novembro de 2019. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar