Pedro Antonio Cerviño

cartógrafo, agrimensor e matemático galego
(Redirección desde «Pedro Antonio Cerviño Núñez»)

Pedro Antonio Cerviño Núñez, nado en Moimenta (Campo Lameiro) o 6 de setembro de 1757 e finado en Buenos Aires o 30 de maio de 1816, foi un cartógrafo, agrimensor e matemático galego.

Pedro Antonio Cerviño
Nacemento6 de setembro de 1757
Lugar de nacementoMoimenta
Falecemento29 de maio de 1816
Lugar de falecementoBuenos Aires
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónxeógrafo, militar e enxeñeiro
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Cara 1781 emigrou a América e, posiblemente, en 1782 trasladouse a Buenos Aires. En 1783 foi nomeado enxeñeiro da expedición de recoñecemento da mina de ferro de Potosí. Parece que tres anos despois realizou unha carta dos ríos Paraná e Uruguai. De volta a Bos Aires en 1792, foi o encargado de deseñar un novo peirao, rúas e a ampliación da enseada de Barragán (1801). Foi, xunto con Alsina Gassa, impulsor e director da Escuela Náutica (1799), na que impartía clases de xeometría, trigonometría, hidrografía e debuxo ata a súa desaparición (1806). Foi partidario da difusión da ciencia para mellorar as condicións de vida da sociedade. Realizou traballos de carácter cartográfico, como o plano para ampliar as fronteiras dos indios (1801) ou o plano do arroio Maldonado (1805), e en 1814 foi o encargado de elaborar o plano topográfico de Bos Aires. Tamén fixo diversos traballos sobre as linguas indíxenas. Colaborou no xornal Telégrafo mercantil, rural, político e económico e historiográfico del Río de la Plata (1801-1802) e no Semanario de Agricultura, Industria y Comercio.

O CEIP de Campo Lameiro leva o seu nome[1], así como unha escola de primaria no barrio porteño de Flores, na que estudou o papa Francisco[2].

Notas editar

  1. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 23 de maio de 2012. Consultado o 14 de maio de 2012. 
  2. "Escuela Nº 08 D.E. 11 "Cnel. Ing. Pedro Antonio Cerviño"". Turismo Buenos Aires. Arquivado dende o orixinal o 02 de xuño de 2020. Consultado o 21 de marzo de 2020. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar