Abrir o menú principal

Pedro Alonso Pérez, nado en Madrid o 27 de maio de 1907 e finado en Vigo o 20 de abril de 1990, foi un arquitecto español, que traballou en Galicia.

Pedro Alonso Pérez
Nacemento27 de maio de 1907
 Madrid
Falecemento20 de abril de 1990
 Vigo
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónarquitecto
editar datos en Wikidata ]

Índice

TraxectoriaEditar

 
Real Club Náutico de Vigo, 1944.

Licenciouse en Madrid en 1932. Foi delegado do Instituto Nacional da Vivenda para o norte de España. A partir de 1940 asociouse con Francisco Castro Represas en Vigo, e traballaron xuntos até 1988. Na súa obra, que evolucionou do eclecticismo ao racionalismo, destaca o emprego do granito, o uso de balconadas e de cornixas corridas.

ObraEditar

 
Edificio Pernas (1941) dende a Praza de América.
  • O Edificio Ribas, na rúa Marqués de Valladares 22, esquina coa rúa Colón.
  • Os números 4 e 6 da praza de Compostela.
  • O Edificio Barreras (1940) na rúa Colón.
  • O Edificio Pernas (1941) que ocupa todo o rueiro formado pola Gran Vía coas rúas López Mora e Ramón González Sierra.
  • O Edificio Albo (1942) na Gran Vía esquina Urzáiz.[1]
  • O Real Club Náutico de Vigo (1944-45).
  • O Edificio Miguel Seijo Serodio (1945).[2]
  • O Edificio comercial para José González (1949), na rúa Marqués de Valladares.[3]

NotasEditar

Véxase taménEditar