Pedro Acedo Penco
Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
Pedro Acedo Penco, nado en Hornachos, Badaxoz, en 1956, é un político español, alcalde de Mérida entre 1995 e 2007, e de novo en 2011 tras a súa vitoria nas eleccións municipais de maio do mesmo ano.
Pedro Acedo Penco | |
Actualmente no cargo | |
Dende o 11 de xuño de 2011 | |
Precedido por | José Ángel Calle Gragera |
18 de xuño de 1995 – 16 de xuño de 2007 | |
Precedido por | Antonio Vélez Sánchez |
Sucedido por | José Ángel Calle Gragera |
Actualmente no cargo | |
Dende o 13 de decembro de 2011 | |
Datos persoais
| |
Nacemento | 1956 Hornachos, (Badaxoz) ![]() |
Partido | Partido Popular |
Profesión | Técnico de publicidade |
TraxectoriaEditar
Nacido en Hornachos, viviu en Barcelona, Madrid e Burgos, aínda que a súa vida transcorreu principalmente en Mérida. Técnico de publicidade, en 1988 accedeu ao concelle de Mérida como concelleiro independente nas listas de Alianza Popular. Entre 1988 e 1990 estivo á fronte da Asociación Estremeña de Radiodifusión. En 1991 preséntase por primeira vez como candidato do PP á alcaldía de Mérida, sendo derrotado polo entón alcalde e candidato do PSOE Antonio Vélez Sánchez. Non obstante, en 1995 gaña os comicios municipais por maioría simple e é proclamado novo alcalde de Mérida. En 1999 consegue a maioría absoluta, que repite en 2003.
En 2004 foi proposto para encabezar as listas do PP ao Senado por Badaxoz, pero elixiuse finalmente a Miguel Celdrán, alcalde de Badaxoz. En decembro de 2006 confirma que non se presenta á reelección nas eleccións de maio de 2007, sendo candidata do seu partido Pilar Vargas. En ditos comicios, o PP perde o concello en beneficio do PSOE e Acedo abandona a alcaldía. En 2008 presentou a súa candidatura á presidencia do PP de Estremadura, pero retírase o día antes do congreso autonómico. Na actualidade, é Presidente Local do PP de Mérida e alcalde da cidade despois de conseguir a maioría absoluta con 13 concelleiros nas eleccións municipais do 22 de maio de 2011.[1]
NotasEditar
Predecesor: Antonio Vélez Sánchez |
Alcalde de Mérida 1995-2007 |
Sucesor: José Ángel Calle Gragera |
Predecesor: José Ángel Calle Gragera |
Alcalde de Mérida 2011-actualidade |
Sucesor: No cargo |