Pedrabranca Futebol Clube

O Pedrabranca Futebol Clube é un club brasileiro de fútbol, da cidade de Alvorada, no Estado de Río Grande do Sur. A antiga denominación do club era RS Futebol.

Pedrabranca Futebol Clube
Fundación8 de agosto de 2008 (12 anos)
9 de abril de 2001 (20 anos) (como RS Futebol)[1]
EstadioMorada dos Quero-Queros
Capacidade2.000
PropietarioFlag of Brazil.svg Valdir Silveira
PresidenteFlag of Brazil.svg Paulo César Carpegiani
AdestradorFlag of Brazil.svg Emerson Fernandes
LigaBandeira do Rio Grande do Sul.svg Campeonato Gaúcho de Futebol - Divisão de Acesso
VestimentaClassport
Páxina webPáxina web
Na casa
Fóra

O club era unha sociedade do actual presidente do Pedrabranca e o ex xogador e ex-adestrador Paulo César Carpegiani. Actualmente o seu dono é o empresario Valdir de Oliveira Silveira, coñecido como Foguinho. Hoxe disputa a Segunda Divisão do Campeonato Gaúcho.

O equipo adquiriu certa importancia ao descubrir aos defensas Thiago Silva, do Paris Saint-Germain; Naldo, do VfL Wolfsburg; e o centrocampista Ederson, do Società Sportiva Lazio. Thiago Silva xoga na Selección de fútbol do Brasil onde é capitán.

O seu estadio é a Morada dos Quero-Queros, cunha capacidade para acoller a 2.000 espectadores. En 2012, o estadio foi vendido ao club do Sport Club Internacional, causando o peche da escola e do equipo xuvenil do Pedrabranca.

Clasificación da CBFEditar

Posición 191, con 15 puntos.

Clasificación feita pola Confederación Brasileira de Fútbol, que puntúa a tódolos equipos do Brasil [cando?].

NotasEditar

  1. "Clubes do Rio Grande do Sul - Futebol Na Rede". Arquivado dende o orixinal o 16 de agosto de 2013. Consultado o 18 de decembro de 2014.