Pedagoxía Waldorf

O creador deste movemento alternativo foi Rudolf Steiner, fundador da antroposofía. Estudou matemáticas, ciencias naturais e filosofía. Ademais tiña coñecementos na agricultura, música,canto, pintura etc.

Actualmente existen máis de 1000 escolas Waldorf, entre elas, 200 son centros de educación infantil e 646 de educación especial en diversos países; así mesmo, constan varias escolas públicas baseadas neste método. En Galicia existe a escola Meniñeiros nas Donas (Vilalvite, Friol).

Orixe editar

A primeira escola creouse no 1919, en Stuttgart, Alemaña, a partir da proposta feita por Emil Molt, propietario e director de Waldorf-Astoria Cigarette, para servir ós fillos e fillas dos empregados da fábrica; máis tarde incorporáronse nenos e nenas externos á empresa.

Concepción da infancia editar

A pedagoxía Waldorf divídese en tres etapas diferenciadas polas idades dos nenos e nenas: educación infantil (3-6 anos), primaria e secundaria. Cada unha delas pódese diferenciar polo desenvolvemento integral do neno ou nena ou polo estado de maduración. Destaca polas súass aprendizaxes adaptadas a cada idade conseguindo unha educación comprensiva.

O fin desta perspectiva é promover e crear os aspectos físicos, condutuais, emocionais, cognitivos, sociais e espirituais de cada persoa e incrementar e respectar o pensamento creativo e crítico.

Educación Infantil editar

A teoría pedagóxica Waldorf considera a imitación como principal ferramenta de aprendizaxe. Considera que a través dos espazos e tempos para o xogo creativo os nenos e nenas desenvolverán a imaxinación, unindo o desenvolvemento afectivo, físico e cognitivo.

No día a día destas clases, predominan as actividades artísticas o xogo libre e as tarefas prácticas. Na programación altérnanse actividades que requiran máis esforzo e concentración co xogo simbólico e libre. Na asemblea crean diferentes conflitos, para contrapoñer posturas, coñocer as diversas opinións e aprender a respetalas.

A estética da clase intenta ser o máis parecida a un fogar. Resáltanse os materiais propiamente naturais e evítase o plástico. Steneir indicou que a ensinanza debe ser diferenciada, dando resposta ás necesidades e demandas que os alumnos e alumnas teñen.

Avaliación editar

Nestas escolas avalíase o progreso dos nenos e nenas a través dos traballos en bloques académicos. Promóvese a autosuperación persoal máis que a competición entre alumnos e alumnas.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar