Peanuts

banda deseñada de Charles M. Schulz

Peanuts é unha historieta de banda deseñada diaria e dominical estadounidense escrita e ilustrada por Charles M. Schulz que se publicou dende o 2 de outubro de 1950 até o 13 de febreiro de 2000. Peanuts é unha das historietas de banda deseñada máis populares e influentes da historia, con 17 897 tiras publicadas en total,[1] o que o converte na "historia máis longa xamais contada por un único ser humano".[2][3] No momento da morte de Schulz no ano 2000, Peanuts imprimíase en 2 600 xornais, con arredor de 355 millóns de lectores en 75 países, e foi traducido a 21 linguas.[4] Peanuts axudou a asentar a tira de catro cadros como o stándar nos Estados Unidos,[5] e xunto coa mercadotecnia valéronlle a Schulz máis de mil millóns de dólares.[1]

Logo da serie.
Snoopy e Woodstock.

NotasEditar

  1. 1,0 1,1 "The man who recalled everything". Maclean's. 22 de outubro de 2007. 
  2. Brooks, Katherine (2 de outubro de 2013). 3 de outubro de 2013, ed. "10 Of The Best Snoopy Moments To Celebrate 'Peanuts' 63rd Anniversary". Huff Post Arts & Culture. Consultado o 3 de outubro de 2013. 
  3. Ray, Michael. "Peanuts". Encyclopædia Britannica. Consultado o 10 de maio de 2020. 
  4. Hofer, Kaycee J. (22 de febreiro de 2000). "Saying Goodbye: Friends and family eulogize cartoonist Charles Schulz". San Francisco Chronicle. 
  5. Walker, Brian (2002). The comics: since 1945. Nova York: Harry N. Abrams, Inc. 

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar