Pazo de Torres Agrelo

pazo en Reboreda, Redondela

O pazo de Torres Agrelo é un pazo galego situado no concello pontevedrés de Redondela, na parroquia de Reboreda.[1]

Pazo de Torres Agrelo
ConcelloRedondela
ProvinciaPontevedra
ComunidadeGalicia
Coordenadas42°17′31″N 8°36′02″O / 42.291852777778, -8.6004555555556Coordenadas: 42°17′31″N 8°36′02″O / 42.291852777778, -8.6004555555556
Estilo arquitectónico
Estado actualEn bo estado
Véxase tamén
Pazos de Galicia
editar datos en Wikidata ]

Descrición editar

A súa construción data do ano 1750. O edificio principal do pazo é rectangular con dúas almenaras en cada extremo. No seu interior, destacan a existencia de azulexos de Triana, unha escaleira central de madeira de castiñeiro e varias fiestras de vidro policromado.[2]

Foi empregado coma hospital para o exército xermano durante a segunda guerra mundial e coma refuxio durante a guerra civil española, e por este motivo conserva restos de pasaxes subterráneas.

Na actualidade emprégase para fins de restauración e hostalaría.

Árbores senlleiras editar

As camelias das especies Camellia sasanqua e Camellia japonica dos xardíns do pazo figuran no Catálogo de Árbores Senlleiras elaborado pola Xunta de Galicia, ao igual que a tuia xigante.

Notas editar

  1. Turgalicia (ed.). "Pazo Torres Agrelo". 
  2. José C. García. Camelias, ed. "Pazo de Torres Agrelo". Arquivado dende o orixinal o 10 de xullo de 2014. Consultado o 23 de xaneiro de 2014. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar