Pazo de Oca

construción civil en Oca, A Estrada

O pazo de Oca é unha casa señorial galega construída entre os séculos XVII e o XVIII. De estilo barroco, pertence actualmente aos duques de Medinaceli. Foi declarada unha das propiedades de interese cultural da herdanza española.

Pazo de Oca
Exterior Pazo de Oca 08.jpg
ConcelloA Estrada
ProvinciaPontevedra
ComunidadeGalicia
Coordenadas42°44′47″N 8°23′40″O / 42.74647778, -8.39453056Coordenadas: 42°44′47″N 8°23′40″O / 42.74647778, -8.39453056
Estilo arquitectónico
Estilo orixinalBarroco (século XVII)
Estilo actualBarroco (século XVIII)
Estado actualen bo estado
Véxase tamén
Pazos de Galicia
editar datos en Wikidata ]

Tamén é coñecido coma o Xeralife do Norte ou o Versalles galego debido á gran beleza dos seus xardíns, que ocupan 8 hectáreas de terreo e pódense visitar durante todo o ano.[1]

SituaciónEditar

Está situado na parroquia de Santo Estevo de Oca, no concello da Estrada, na provincia de Pontevedra, (Galicia). Encóntrase no val do río Ulla, a uns 30 quilómetros ao sueste da cidade de Santiago.

HistoriaEditar

Evolución da propiedade[2]Editar

As terras e fortaleza de Oca pasaron a formar parte da xurisdición eclesiástica da mitra compostelá durante case un século ata que, primeiro, o papa Pío IV en 1564 e, sobre todo, Gregorio XIII o 6 de abril de 1574 concedesen os abadengos e outros dominios eclesiásticos a Coroa. Isto posibilitou que, anos despois, o rei Filipe II vendese o estado de Oca, coa súa casa-forte, a María de Neira, veciña de Santiago, por escritura do 15 de novembro de 1586, a un custo de 195.775 marabedís.

No século XVII cambiou a titularidade do señorío de Oca, dos Neira á liñaxe Gayoso, procedente do lugar do mesmo nome en Outeiro de Rei. Así, María da Encarnación Gayoso dos Cobos (1813–1891) recibiu o título de VI Marquesa de San Miguel de Penas e en propiedade o pazo de Oca, no que realizou importantes obras, xunto con o seu esposo Manuel Fernández de Henestrosa e Santisteban

Coa morte de Encarnación en 1891, herdou a propiedade do palacio e as súas terras a maior das súas sobriñas, Francisca de Borja Gayoso dos Cobos e Sevilla (1854-1926), XV Marquesa de Camarasa, esposa desde 1877 do VIII Conde de Moriana do Río e Marqués de Cilleruelo, Ignacio Fernández de Henestrosa e Ortiz de Mioño (1851–1934), de quen tivo dez fillos. Sucedeulle o maior dos homes, Ignacio Fernández de Henestrosa e Gayoso dos Cobos (1880-1948), XIV Marqués de Camarasa, Conde de Ribadavia, de Castrojeriz, de Amarante e de Moriana do Río, Marqués de Cilleruelo, propietario ademais do pazo de Oca, que foi xefe da Casa da súa Alteza o Príncipe de Asturias. Escribiu un libro sobre a historia da súa familia (Fernández de Henestrosa, 1934) e careceu de descendencia no seu matrimonio con Branca Pérez de Guzmán e Sanjuán, filla dos duques de T’Serclaes. Por ese motivo, a partir de 1948 sucedeu neses títulos e na propiedade de Oca a súa sobriña, a duquesa de Medinaceli Vitoria Eugenia Fernández de Córdoba e Fernández de Henestrosa (1917–2013), como primoxénita da irmá máis vella do marqués de Camarasa. O pazo abriu o público definitivamente no ano 1953[3]. E ao crear esta señora en 1978 a Fundación Casa Ducal de Medinaceli, transferiu a esta institución de carácter cultural a propiedade do palacio de Oca para garantir o seu mellor estado e conservación no futuro.

Evolución da construciónEditar

O pazo foi rematado no século XVIII, xunto a unha vella fortaleza medieval. Está composto polo propio pazo, a capela e as vivendas dos traballadores. A primeira familia propietaria do pazo foi a de Sueiro de Oca, pertencendo hoxe en día ao Ducado de Medinaceli.

Os xardínsEditar

O pazo é un dos máis famosos de Galicia polos seus xardíns, que teñen pontes, árbores pouco frecuentes e, entre outras moitas cousas máis, un encoro con parrulos e gansos. Algúns dos exemplares botánicos son a Camellia reticulata (camelia reticulada) a Cryptomeria japonica (cedro do Xapón) ou as formacións de buxos e de tileiros.

Galería de imaxesEditar

NotasEditar

  1. "Pazo de Oca". www.santiagoturismo.com. Arquivado dende o orixinal o 15 de xullo de 2018. 
  2. Sánchez González, Antonio (2021). "Contribución a la historia constructiva del Pazo de Oca a través de la planimetría de sus propietarios". Anales de Geografía de la Universidad Complutense: 188–192. ISSN 0211-9803. 
  3. Cela, Ana (28/08/2013). "La aristócrata que abrió Oca". Faro de Vigo. Consultado o 13/09/2022. 

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar

Ligazóns externasEditar

  • Pazo de Oca, na web da Fundación Casa Ducal de Medinaceli
  • Pazo de Oca, na web de turismo de Santiago de Compostela