Pazo de Soesto

pazo en Soesto, no concello de Laxe
(Redirección desde «Pazo de Leis»)

O Pazo de Soesto ou Pazo de Leis (tamén chamado do Rueiro, de Posse, ou de Branco-Raxoi) é un pazo situado no val de Soesto (Val de Traba, Val de Laxe) no lugar do Rueiro, na parroquia de Soesto, no concello coruñés de Laxe. É de propiedade privada.

Pazo de Soesto
ConcelloLaxe
ProvinciaA Coruña
ComunidadeGalicia
Coordenadas43°11′38″N 9°00′46″O / 43.19387222, -9.01276944Coordenadas: 43°11′38″N 9°00′46″O / 43.19387222, -9.01276944
Estilo arquitectónico
Estilo orixinal(medieval)
Estilo actualséculo XVI-XVIII
Estado actualEn bo estado
Véxase tamén
Pazos de Galicia
editar datos en Wikidata ]

Historia editar

No mesmo lugar no que hoxe se ergue o pazo, a tradición sinala (e, ao parecer, documentos da época[Cómpre referencia]) que foi anteriormente ocupado por unha residencia rexia, ocupada en certas ocasións polo rei de Galiza e León Afonso IX (1171-1230). Porén disque xa antes Afonso VII (1105-1157) (primeiro Rei de Galiza (1111), despois de Castela e León (1126) e, finalmente, Emperador en 1135) morara nesta casa e baixo tutela do Conde de Traba no Mosteiro de Moraime, moi achegado ao pazo.

O edificio actual foi construído no ano 1570 por Gonzalo Posse o Vello. En 1576 ergueu unha capela lateral advocada á Virxe do Rosario na Igrexa Parroquial de Santo Estevo de Soesto. A finais do século XVII, Teresa Posse Pérez de Antelo casa con Rodrigo de Leis-Vilardefrancos, descendente da casa de Mordomo-Traba. O pazo pasarou* os séculos en mans dos diferentes herdeiros até que en 1887 Josefa Vicenta Gutiérrez de Caviedes e Leis escriturouno a favor dun avogado de Verín, sobriño de seu home, Ramón Blanco-Rajoy Poyán, coma pagamento dunha débeda.

Estilo editar

O pazo, de cantaría de granito, é de sobria elegancia, sen ameas e fachadas con escasa decoración agás o escudo de armas da familia Leis (un piñeiro e unhas lanzas)[1].

O estilo é sinxelo cun bo traballo da pedra, e con algúns elementos grandiosos como os grandes perpiaños de granito ou as grandes chemineas. A planta é rectangular e posúe dous andares, agás centro, onde ten un pequeno corpo de torre de tres andares. Posúe tamén unha galería.

Conta cun xardín de hortensias e palmeiras e cun pombal, todo arrodeado dun rexo muro de pedra[2].

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar