Pazo de Cedofeita

construción civil na Torre (Cedofeita, Ribadeo)

O pazo de Cedofeita é un pazo situado no lugar da Torre (Cedofeita, Ribadeo), de propiedade privada.

Pazo de Cedofeita
Pazo de Cedofeita á noitiña, na celebración da segunda Cedofestiña.
ConcelloRibadeo
ProvinciaLugo
ComunidadeGalicia
Coordenadas43°28′37″N 7°07′17″O / 43.476955238889, -7.1214462694444
Estilo arquitectónico
editar datos en Wikidata ]

Características

editar

Está situado a 8 km da vila de Ribadeo. Foi construído entre finais do século XV e principios do XVI.[1] De planta rectangular, fabricado en cachotería de lousa e cadeiría de granito en vans e esquinais, con cuberta de lousa a catro augas e con cheminea-torre. Composto dun corpo con baixo e primeiro piso e unha torre de dous andares, con remate en ameado. O conxunto complétase cun hórreo, un pombal circular, un muíño e unha pequena capela de estilo barroco rococó e con espadana dun só van, onde se atopa no centro do retablo a imaxe da Virxe de Nosa Señora da Soedade da súa devoción.[2] Todo iso está rodeado por un alto muro con dúas portadas, unha das cales leva a fachada principal (cara ó mediodía)[2], onde se encontra o escudo de armas, e a outra, orientada o norte, conduce ata unha escalinata de pedra pola que se accede a vivenda. O escudo de armas de madeira substitúe a un anterior de pedra, coas liñaxes de casas como os Armada, Cid, Pedrosa ou Sánchez.

Ten un recinto amurallado cunha zona de cultivo, árbores froiteiras e xardín.

Tense usado como calabozo, xulgado, e zona de execución con guillotina para os sentenciados a morte.[3] En Cedofeita é coñecido como Casa Grande.[2] Nos anos 20 do século XXI é usado puntualmente polo Colectivo As Vacas Fracas como lugar de encontro, actuación e dinamización.

  1. Campos Dorado, Francisco José (2019). Escudos de Armas do Concello de Ribadeo. p. 242-244. ISBN 978-84-09-16237-6. 
  2. 2,0 2,1 2,2 Campos Dorado, Francisco José (17 de agosto de 2017). "Escudo de armas do pazo-torre de Cedofeita. Francisco José Campos Dorado". Ribadeando. 
  3. "Pazo de Cedofeita". www.disfrutadegalicia.com. Arquivado dende o orixinal o 02 de setembro de 2024. Consultado o 2024-09-02.