Pazo de Arretén

pazo en Iria Flavia, Padrón

O pazo de Arretén, coñecido como Casa Grande, é un pazo situado no lugar de Arretén, parroquia de Iria Flavia, concello de Padrón, de titularidade privada, no que viviu a escritora galega Rosalía de Castro.[2][3]

Pazo de Arretén
ConcelloPadrón
ProvinciaProvincia da Coruña
ComunidadeGalicia
Coordenadas42°44′46″N 8°38′47″O / 42.746111111111, -8.6463888888889
Estilo arquitectónico
Estilo orixinal( s. XVI )
Estilo actuals. XVII
Estado actualReformado [1]
Véxase tamén
Pazos de Galicia
editar datos en Wikidata ]

Descrición

editar
Ô PAZO D'A...

   Ô pe d'o monte, maẍestuoso erguíase N'aldea escura o caseron querido,

— Rosalía, "¡Do íntimo!", Follas novas, 1880.

Contruído no século XVI pola familia fidalga dos Bermúdez de Castro, na Casa Grande de Arretén naceu o 24 de novembro de 1804 Teresa da Cruz de Castro e Abadía, nai de Rosalía.[4] A construción foi vendida pouco despois da morte de Xosé María, irmán de Teresa e último propietario da familia Castro.[5]

28.

   E tamen vexo enloitada
D' Arretén á casa nobre
Dond' á miña nay foy nada!

— Rosalía, Cantares gallegos, 1863.

Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936, foi o escenario dun asalto por parte de sindicalistas.[6]

As 6,5 hectáreas de terreo adícanse maioritariamente ao cultivo de viña albariña (Denominación de Orixe Rías Baixas, subzona Ribeira do Ulla).[7]

editar

O pazo aparece mencionado nas novelas A memoria da choiva (2013), de Pedro Feijoo,[8] e A dama da noite (2014), de Xavier Seoane.[9]

  1. C.B. (27/2/2008). "Patrimonio estudia las medidas para reparar el pazo de Arretén". El Correo Gallego (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 28/03/2017. Consultado o 27/03/2017. 
  2. March, K. (2005). "Castro, Rosalía de". GEG. ISBN 84-87804-88-8. 
  3. Roteiros[sic] Consello da Cultura Galega.
  4. Bouza Brey, F. (1960). "El solar y mayorazgo de Arretén de los antepasados de Rosalía de Castro". Cuadernos de Estudios Gallegos XV (446): 164–192. 
  5. "Arretén". GEG. 2005. ISBN 84-87804-88-8. 
  6. Borobó, 14/9/2000, pp. 78-79.
  7. Adega Pazo de Arretén
  8. Feijoo, P. (2013). A memoria da Choiva. Xerais. ISBN 978-84-9914-570-9. 
  9. Seoane, X. (2014). A dama da noite. Laiovento. ISBN 978-84-8487-241-2. 

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar