Pazo das Figueiras

pazo en Folladela, Melide

O pazo das Figueiras é un pazo situado na parroquia de Folladela, Melide.

Pazo das Figueiras
Coordenadas42°57′32″N 8°00′56″O / 42.958927777778, -8.0156333333333Coordenadas: 42°57′32″N 8°00′56″O / 42.958927777778, -8.0156333333333
Estilo arquitectónico
editar datos en Wikidata ]

Características e historia editar

Este pazo é unha completa edificación palaciana, xa que recolle o conxunto de elementos que definen a este tipo de arquitecturas señoriais, xunto co de Tarrío, na parroquia de Xubial, os únicos que poden considerarse como tal no termo municipal de Melide, aínda que existen bastantes Casas Grandes con blasóns, pero que non respostan ós parámetros estruturais que definen un pazo, senón a casas solariegas., dos únicos que poden considerarse como tal no termo municipal de Melide, aínda que existen bastantes Casas Grandes con brasóns, pero que non respostan aos parámetros estruturais que definen un pazo, senón a casas solariegas.

Neste pazo naceu o bispo Xoán Varela Fondevila no ano 1721, que finou no ano 1785 en Santiago de Compostela, prelado que foi bispo auxiliar do arcebispo compostelán Bartolomé de Raxoi e Losada. Ademais foi xuíz eclesiástico, vigairo xeral, xuíz metropolitano e bispo de Tanes. Tamén naceu neste paso seu irmán Pedro Varela Fondevila, quen foi alcalde e xustiza ordinario da cidade compostelá.

Do conxunto do pazo destácanse varias edificacións: a Casa do Pazo e o seu engadido, a Casa de servidume ou dos caseiros, o hórreo, a palleira, o pombal e, sobre todo. a súa capela. Da casa, artellada en dúas alturas e cunha planta en forma de T, sobresaen as súas pedras armeiras e a súa rexa cheminea. O máis destacado é o escudo situado na fachada leste; un escudo de grandes dimensións, en perfecto estado de conservación grazas a estar situado nunha parede resgardada das inclemencias do tempo, que aparece timbrado por un helmo de perfil mirando cara á dereita e está distribuído en catro cuarteis: no primeiro vese un anxo e dúas filas de tres flores de lis (emblema dos Fondevila); no segundo cinco varas verticais (do apelido Varela); no terceiro un brazo de cabaleiro flexionado sostendo na man unhas ramallas ou espigas; e no cuarto unha aguia (do apelido Aguiar). Na fachada principal, orientada cara ao norte e aberta ao patio, ábrese a porta principal á que se accede mediante unha escaleira de deseño piramidal, composta de cinco chanzos moldurados. Sobre o lintel desta porta principal aparece unha pedra armeira rectangular que contén un anxo e seis flores de lis (do apelido Fondevila), e mesmo o lintel está provisto dun motivo decorativo consistente nunha venera sobre voluta.[1]

Notas editar

  1. Pazo das Figueiras en abeancos.gal.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Broz Rei, Xosé Manuel (1990): "A nobreza da Terra de Melide". Boletín nº 5 do Centro de Estudios Melidenses-Museo da Terra de Melide.
  • Broz Rei, Xosé Manuel (1993): "As igrexas de Melide". Boletín nº 8 do Centro de Estudios Melidenses-Museo da Terra de Melide.
  • Taboada Roca, Antón (1933): "Notas Históricas", en Terra de Melide. Seminario de Estudos Galegos.

Outros artigos editar