Abrir o menú principal

Paulopriit Voolaine (recibiu como primeiro nome: Paul Friedrich Pedmanson), nado en Tooste o 9 de outubro de 1899 e finado o 17 de outubro de 1985 en Tartu, foi un arquiveiro, bibliotecario, lingüista e etnógrafo estoniano, coñecido polo seu labor na lingua setu.

Paulopriit Voolaine
Nacemento9 de outubro de 1899
 Estonia
Falecemento17 de outubro de 1985
NacionalidadeEstonia
Ocupaciónlingüista
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Naceu nunha aldea do concello rural de Räpina onde realizou os seus primeiros estudos, e logo en Tartu. En 1918 e 1919 loitou na Guerra de Independencia de Estonia e despois empezou estudos de medicina na Universidade de Tartu (1919-20) para pasar logo a estudar estoniano e linguas fínicas. En 1922 o profesor Lauri Kettu premiouno polo seu traballo sobre o livonio, "Liivi keele kvantiteedi suhted eksperimentaalfoneetika valgusel".[1]

Con Ernst Puusepa traduciu ao setu catro evanxeos do Novo Testamento publicados nun volume en 1926 co título de "Mii' Issändä Jeesusõ Kristusõ pühä Evangeelium: Matteusõ, Markusõ, Luukasõ ja Johannõsõ kirotõt.[1][2] Mentres preparaba un libro de lectura setu escribiu entre outras cousas "Kuningas Seto" pertencente ao folclore tradicional setu, aínda que o libro non se publicou[3] coñeceu en 1927 a Anne Vabarna, unha bardo tradicional setu, á que lle propuxo crear unha grande obra épica setu[3], a estrutura e o argumento da historia propúxollos Voolaine pero os 8000 versos son obra de Vabarna que Voolaine recolleu nese mesmo ano, o resultado foi a épica nacional setu Peko, mais non se publicou ata 1995.

Entre 1928 e 1929 Voolaine traballou en escolas dominicais de Setomaa como instrutor. De 1933 a 1945 foi arquiveiro do departamento de linguas da Universidade de Tartu e entre 1945 e 1960 traballou como bibliotecario na Biblioteca Universitaria de Tartu.[1]

Voolaine tamén estudou a vida rural das moribundas comunidades estonianas de Letonia, os ludza e os gauja, a lingua livonia e o folclore de Räpina. Recolleu material etnográfico das minorías establecidas en Latgalia (1925-1937)[4] e no óblast de Pskov onde reside unha pequena minoría setu. Ademais publicou numerosos artigos e poemas.[1] Tamén escribiu varias pezas teatrais, en 1933 publicou Maajumala poig que se sitúa nos anos finais da época tsarista .

ObraEditar

  • Mii' Issändä Jeesusõ Kristusõ pühä Evangeelium : Matteusõ, Markusõ, Luukasõ ja Johannõsõ kirotõt. Seto kiilde ümbre pannu' Ernst Puusepp, keele poolõst õiõnduisi tennü' P. Voolaine. Tartoh: Akadeemiline Emakeele Selts, 1926. - 302 lk.
  • Paulopriit Voolaine. "Setu lauluema Vabarna Anne "Peko (Pekolanõ)"". Eesti Kirjandus nr 22, 1928, lk 6-21.
  • Paulopriit Voolaine. "Setu lauluema Vabarna Anne "Peko laulu" II osa". Eesti Kirjandus nr 24, 1930, lk 378-389.

NotasEditar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 Paulopriit Voolaine Eesti raamatukogunduse biograafilises andmebaasis
  2. http://tartu.ester.ee/record=b1320156~S1*est
  3. 3,0 3,1 "Setu lauluema Anne Vabarna" Paul Hagu.
  4. Inge Annom "Paulopriit Voolaine Kogutud Lutsi Muinasjutud"Keel ja Kirjandus nº 8-9, 2015