Paulo Novás

mestre e político galego

Paulo Novás Souto, nado en São Paulo o 16 de abril de 1899[1] e finado en Pontevedra o 12 de novembro de 1936, foi un mestre e político galego.

Paulo Novás
Nacemento16 de abril de 1899
Lugar de nacementoSão Paulo
Falecemento12 de novembro de 1936
Lugar de falecementoPontevedra
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónmestre e político
editar datos en Wikidata ]
Arriba, á dereita, con traxe escuro e gravata, Paulo Novás co alumnado do Instituto.

Traxectoria editar

 
Placa en Pontevedra en memoria dos fusilados o 12/11/1936.

Nado no Brasil, retornou coa familia a Galicia sendo novo. Fíxose mestre polo Plano de Estudos de 1914. Foi mestre da escola mixta de Sacos, Cotobade (1925-1927), e despois en Cobres, Vilaboa. Creada en 1931 unha sección de Escola Preparatoria de Ingreso no Instituto de Pontevedra, accedeu a esta praza. Pertenceu á comisión organizadora da Casa del Maestro de Pontevedra. Militou de Acción Republicana,[2] e despois en Izquierda Republicana. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido e xulgado en consello de guerra sumarísimo o 1 de novembro. Condenado a morte, foi fusilado na estrada de Campañó o 12 de novembro de 1936.

Notas editar

  1. Primer escalafón de maestros de escuelas nacionales existentes en 31 de diciembre de 1933. Madrid: Ministerio de Instrucción Pública y Bellas Artes. 1934. p. 46. 
  2. Tribuna, 6-8-1933, p. 3.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar