Paulino Novo

filólogo galego

Paulino Francisco Novo Folgueira, nado en Meira o 4 de setembro de 1962, é un filólogo galego.

Infotaula de personaPaulino Novo
Biografía
Nacemento1962 Editar o valor em Wikidata (61/62 anos)
Meira, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónfilólogo , copiloto Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua galega Editar o valor em Wikidata
DeporteRally Editar o valor em Wikidata
Familia
ParentesSergio Vallejo Folgueira (curmán entregue)
Diego Vallejo (curmán entregue) Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Dende 1985 é licenciado en Filoloxía Hispánica pola Universidade de Santiago de Compostela, e dende 2013 doutor en Filoloxía Galega pola mesma universidade.

Ademais de asesor lingüístico para a CRTVG, tanto na radio coma na televisión, foi director literario de Edicións Lea (1999-2003).

Nos anos 80 disputou tamén algúns rallys, sendo un dos primeiros copilotos de seu curmán Sergio Vallejo, campión de España da especialidade.[1][2][3]

Obra editar

  • 2004. “Os insultos. Unha cala na súa expresividade”, en A lingua galega. Historia e Actualidade: Actas do I Congreso Internacional (ILGA). Ed. Consello da Cultura Galega, Instituto da Lingua Galega.
  • 2003. Narradio. 56 historias no ar, coordinador canda Ana Romaní, Ed. Xerais e Radio Galega, Vigo.
  • 2001. Obradoiro de redacción, coautor con Xosé López, Ed. Consello da Cultura, Santiago de Compostela.
  • 1999. Diccionario de uso para a comunicación, Ed. Xerais, Vigo.
  • 1998. Vocabulario dos deportes, coautor con Salvador Pérez, Ed. Lea, Santiago de Compostela.
  • 1998. Encrucillados, Ed. Lea, Santiago de Compostela.
  • 1993. Vocabulario galego da comunicación, coautor con Francisco Campos e Xosé López, Ed. Lea, Santiago de Compostela.
  • 1988. Vocabulario dos deportes, Ed. Consellería de Educación e Ordenación universitaria, Santiago de Compostela.
  • 1986. Aspectos sociolingüísticos do bilingüismo en Galicia, coautor con Henrique Monteagudo, Ed. Consellería de Educación e Cultura, Santiago de Compostela.

Notas editar

  1. "Sergio Vallejo: "No anunciaré mi retirada"". Faro de Vigo (en castelán). 29 de maio de 2015. Consultado o 23 de xuño de 2020. 
  2. "Treinta años con Sergio Vallejo" (en castelán). 27 de novembro de 2015. Arquivado dende o orixinal o 24 de xuño de 2020. Consultado o 23 de xuño de 2020. 
  3. "Paulino Novo: «O maior impacto do galego na televisión foi "JR" falándoo»". La Voz de Galicia. 6 de abril de 2015. Consultado o 23 de xuño de 2020. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar