Pauline Viardot-García
Michelle Ferdinande Pauline García, nada en París o 18 de xullo de 1821[1] e finada en París o 18 de maio de 1910, foi unha cantante de ópera (mezzosoprano) e compositora francesa de orixe española.
Pauline Viardot-García | |
---|---|
![]() | |
Nome completo | Michelle Ferdinande Pauline García |
Nacemento | 18 de xullo de 1821 |
Lugar de nacemento | París |
Falecemento | 18 de maio de 1910 |
Lugar de falecemento | París e VII Distrito de París |
Soterrada | Cemiterio de Montmartre |
Nacionalidade | Francia |
Ocupación | compositora, cantante, cantante de ópera, vocal coach e pianista |
Pai | Manuel García |
Nai | Joaquina Briones |
Cónxuxe | Louis Viardot |
Fillos | Paul Viardot e Louise Héritte-Viardot |
Irmáns | Manuel García e Maria Malibran |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Filla máis nova do tenor e mestre de canto Manuel García, e dunha cantante soprano, Joaquina Briones; foi probablemente a máis dotada polifacética da familia.
Estudou música inicialmente co seu pai, establécese coa súa familia en México, co famoso organista Marcos Vega. Cando volveu a Europa, o seu pai xa falecera, cando ela tiña once anos. Pauline presentouse ao público á curta idade de dezaseis anos,e tras unicamente un ano de educación vocal coa súa nai, nun concerto organizado polo marido da súa irmá e do violinista Charles de Bériot en Bruxelas, e o seu debut operístico chegaba só dous anos despois en Londres (1839).
No 1840 casou co escritor e pianista francés, Louis Viardot. Con el tivo catro fillos; Louise (tamén compositora), Paul (violinista e musicóloga), Marianne (pintora) e Claudine.
Retirouse dos escenarios en 1863, e foi profesora entre 1871 e 1875, no conservatorio de París. Enviuvou en 1883, poñéndose ao cargo dos seus catro fillos. Faleceu en París en 1910.
Vida profesionalEditar
Viardot consagrouse no papel de Fidé en Le Prophéte (1849) de Meyerbeer, desenvolveu un método de ensinanza e compuxo canción e operetas, entre elas O último feiticeiro (1869).
Cantou en óperas importantes, de Gioachino Rossini, Mikhaíl Glinka, Aleksandr Dargomizhski, Giacomo Meyerbeer...
Viardot foi a primeira estranxeira que cantou repertorio italiano en ruso e axudou a levar a música rusa de occidente. En San Petesburgo coñeceu ao escritor Iván Turguénev, con quen sostivo un largo idilio que durou ata a morte do escritor. A súa residencia campestre en Bouvigal, foi transformada nun museo.
Como compositora, escribiu numerosas cancións e transcribiu traballos doutros para a súa voz. Pauline Viardot-García, foi portadora dunha serie de habilidades e coñecementos que poucas veces encontramos tan desenvolvidos nunca mesma persoa, intelectual, estudosa e apaixonada pola súa profesión, ganándose o amor do público e respecto dos seus compañeiros nun mundo dominado por aquel entón por homes.
NotasEditar
- ↑ "Cuando los García fundaron... Europa". elconfidencial.com (en castelán). 2020-06-12. Consultado o 2021-06-25.
Véxase taménEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Pauline Viardot-García |
BibliografíaEditar
- Sadie, Julie Anne; Samuel, Rhian (1995). The Norton/Grove Dictionary of Women Composers (en inglés). Nova York: W. W. Norton & Company. ISBN 978-0393034875.