Paula Prado del Río
Este artigo contén varias ligazóns externas e/ou bibliografía ao fin da páxina, mais poucas ou ningunha referencia no corpo do texto. Por favor, mellora o artigo introducindo notas ao pé, citando as fontes. Podes ver exemplos de como se fai nestes artigos. |
Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
Paula Prado del Río, nada en Santiago de Compostela en 1971, é unha avogada e política galega do PPdeG.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | marzo de 1971 (53 anos) Santiago de Compostela, España |
Secretaria xeral Partido Popular de Galicia | |
22 de maio de 2022 – ← Miguel Tellado | |
Senadora de España | |
13 de xaneiro de 2016 – 21 de outubro de 2016 | |
Deputada do Parlamento de Galicia | |
1 de abril de 2009 – | |
Concelleiro Concello de Santiago de Compostela | |
6 de xuño de 2007 – 1 de abril de 2013 | |
Actividade | |
Ocupación | política |
Partido político | Partido Popular de Galicia |
Traxectoria
editarLicenciada en dereito pola Universidade de Santiago de Compostela e doutoranda en Dereito Público e Teoría do Estado. É avogada especialista en dereito de familia. Foi concelleira do PPdeG en Santiago de Compostela dende 2007, voceira do Grupo Municipal e voceira da Xunta de Goberno local dende 2011. En 2009 foi candidata ás eleccións ao Parlamento de Galicia pola provincia da Coruña, foi elixida deputada e foi voceira de Xustiza do Grupo Popular. Nas autonómicas de 2012 volveu ser elixida deputada e foi nomeada voceira do Grupo Popular. En 2014 foi investigada pola Operación Pokémon e dimitiu como voceira o 4 de xuño.[1] Foi substituída por Miguel Tellado. Nas eleccións xerais de 2015 presentouse ao Senado pola provincia da Coruña e foi elixida senadora.[2]
Nas eleccións ao Parlamento galego de 2024, saíu elixida deputada pola Coruña.[3]
Notas
editar- ↑ "Paula Prado dimite como portavoz del PPdeG" Faro de Vigo, 4/6/2014 (en castelán).
- ↑ "Ficha no Parlamento de Galicia". Arquivado dende o orixinal o 11 de abril de 2020. Consultado o 19 de outubro de 2019.
- ↑ Cedrón, María; García Calvo, Lorena (19 de febreiro de 2024). "Este es el nuevo Parlamento de Galicia, diputado a diputado". lavozdegalicia.es (en castelán). Consultado o 21 de febreiro de 2024.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Paula Prado del Río |
Outros artigos
editarLigazóns externas
editar- "Paula Prado del Río, una mujer de verbo aguerrido que ha demostrado una firmeza numantina" La Voz de Galicia, 22/1/2013 (en castelán).
- "Paula Prado: «Beiras se dedica al circo, no tiene propuestas de futuro»" ABC, 15/7/2013 (en castelán).
- "La portavoz que calló Pokémon" El País, 31/3/2014 (en castelán)