Paula Arcos

xogadora de balonmán española

Paula Arcos Poveda, nada en Petrer o 21 de decembro de 2001, é unha xogadora de balonmán española, que xoga como lateral dereito no Bera Bera. É internacional coa selección española.

Infotaula de personaPaula Arcos

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Paula Arcos Poveda Editar o valor em Wikidata
21 de decembro de 2001 Editar o valor em Wikidata (22 anos)
Alacant, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Altura166 cm Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónbalonmanista Editar o valor em Wikidata
Deportebalonmán Editar o valor em Wikidata
Posición de xogoRight back (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Traxectoria
  Equipo enllaç= enllaç=
- CB Atlético Guardés Editar o valor em Wikidata
Participou en
25 de xullo de 2021Handebol nos Jogos Olímpicos de Verão de 2020 - Feminino (pt) Traducir (9ª) Editar o valor em Wikidata

Instagram: paula_arcos Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Comezou a xogar ao balonmán no club da súa localidade natal, Petrer, onde axiña comezou a destacar.[1] Durante a disputa dun torneo chamou a atención do director deportivo do BM Elche, club ao que se incorporou para xogar no equipo xuvenil. Proclamouse dúas veces campioa de España xuvenil e con 16 anos debutou co primeiro equipo na División de Honra.[1]

En xullo de 2018 fichou polo Atlético Guardés, tamén da máxima categoría.[2] Militou durante catro anos no club galego, co que acadou un subcampionato de liga e outro da Copa da Raíña. En xuño de 2022 deixou Galicia e trasladouse ao País Vasco, onde asinou contrato co Bera Bera.[3]

Selección española editar

Debutou coa selección española en 2020 e despois de só uns poucos partidos amigables,[1] foi convocada para os Xogos Olímpicos de 2020, que se disputaron en Toquio en 2021, e onde España non conseguiu pasar da primeira fase.[4][5][6] Uns meses despois disputou o Campionato Mundial, acadando as semifinais, nas que o seu equipo caeu ante Noruega.[7]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 "Paula Arcos, la 'Guerrera' más joven en el Mundial". Marca (en castelán). 3 de decembro de 2021. Consultado o 11 de novembro de 2022. 
  2. "El Guardés ficha a Paula Arcos, gran promesa española". Faro de Vigo (en castelán). 21 de xullo de 2020. Consultado o 11 de novembro de 2022. 
  3. "El Bera Bera se refuerza con la 'Guerrera' Paula Arcos". Marca (en castelán). 3 de xuño de 2022. Consultado o 11 de novembro de 2022. 
  4. "Arcos Poveda, PAULA". eurohandball.com (en inglés). Consultado o 11 de novembro de 2022. 
  5. Rodríguez, Moisés (27 de xullo de 2021). "Paula Arcos debuta como 'guerrera' olímpica en la victoria de España ante Francia". Las Provincias (en castelán). Consultado o 11 de novembro de 2022. 
  6. "Carlos Viver anuncia la lista de 16 Guerreras que viajarán a Tokio" (en castelán). 12 de xullo de 2021. Consultado o 11 de novembro de 2022. 
  7. Cosín, Raúl (17 de decembro de 2021). "España cae ante Noruega y buscará el bronce" (en castelán). Consultado o 11 de novembro de 2022. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar