Paul Virilio

filósofo francés

Paul Virilio, nado en París o 4 de xaneiro de 1932 e finado na mesma cidade o 10 de setembro de 2018, foi un filósofo francés.

Infotaula de personaPaul Virilio

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(fr) Paul Charles Viriglio Editar o valor em Wikidata
4 de xaneiro de 1932 Editar o valor em Wikidata
8.º arrondissement de Paris, Francia (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte10 de setembro de 2018 Editar o valor em Wikidata (86 anos)
Rueil-Malmaison, Francia Editar o valor em Wikidata
Causa da morteDoenza cardiovascular Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeFrancia Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de París
École nationale supérieure des arts appliqués et des métiers d'art (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoUrbanismo, arquitectura, sociology of housing (en) Traducir, filosofía e xornalismo de opinión Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónfilósofo , teórico da arte , pintor , comisario de arte , xornalista de opinión , fotógrafo , sociólogo , arquitecto , escritor , urbanista , profesor universitario Editar o valor em Wikidata
EmpregadorEuropean Graduate School (pt) Traducir
École Spéciale d'Architecture (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
ProfesoresRaymond Aron, Vladimir Jankélévitch (pt) Traducir e Maurice Merleau-Ponty Editar o valor em Wikidata
AlumnosJean Nouvel, Hala Wardé (pt) Traducir e Franklin Azzi (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua francesa Editar o valor em Wikidata
Obra
Arquivos en

IMDB: nm2321937 Dialnet: 266056 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Naceu en París de pai italiano, refuxiado comunista en Francia. A guerra mundial fíxoo especialmente sensible ante a destrución e a morte, circunstancia que terá moito que ver na súa obra, na estética da desaparición. Estudou arquitectura en París, na Escola de Arquitectura, da cal chegaría a ser o seu máximo responsable durante tres décadas (1968-1998). En 1963 fundou xunto a Claude Parent a revista da modernidade arquitectónica e urbanística Architecture Principe. Dende 1973 é director da colección Espacio Crítico, de Editions Galilée. Gañou o premio nacional Crítica da Arquitectura en 1987. En 1990 foi nomeado coordinador dos programas do Collège International de Philosophie, baixo a dirección de Jacques Derrida. Traballou en numerosas exposicións de arte contemporánea na Fundación Cartier. En 2000 inaugurouse no Xapón o Museo das Catástrofes, realizado baixo a súa dirección e proxecto.

Pensamento científico editar

Arquitecto, urbanista, filósofo, o seu pensamento describe unha visión integral do urbano e do urbanístico dentro dun sistema tecnolóxico avanzado, onde a velocidade (o tempo), a información e as redes xogan un papel determinante. A civilización actual diferenciase por un trazo: a velocidade, que produce incerteza, risco e... accidente.

Para Virilio, a primeira das seducións da tecnoloxía é a velocidade, a capacidade de romper o previsible, como instrumento de control e dominación, pero tamén de risco, de precipitación cara a unha nova desorde mundial, porque parar significa morrer. A vertixe da aceleración fai que a información coñecida non coincida coa realidade sobrevinda, porque a realidade vai máis rápida que a información. Por iso, controlar a tecnoloxía, a velocidade de cambio, é controlar a sociedade, o espazo e a información.

A máquina de visión editar

Paul Virilio é un magnífico exemplo da resistencia ao que el chama tecnoloxías da percepción e da representación. Xeralmente a formulación de Virilio consiste en valorar negativamente a mecanización da percepción, ata o punto de pensar que ese proceso non só afecta a percepción mesma, senón ao seu procesamento (o lugar da formación das imaxes mentais e da consolidación da memoria natural) e logo a súa interpretación, é dicir, o sentido mesmo da realidade. Virilio imaxina que o último paso dese proceso cultural de mecanización da percepción (que consiste nunha carreira de velocidades entre o transtextual e o transvisual), será a posta a punto dunha máquina de visión, é dicir, a delegación a unha máquina de análise da realidade obxectiva. Dende o reconto do proceso que realiza Virilio é posible reformular asuntos como a aparición do pensamento relativista e as súas consecuencias: a era do espectador, e algúns procesos de democratización e anarquismo. A maior preocupación é o horizonte totalitario da manipulación mediante a imaxe codificada, e as súas formas vulgares: a propaganda e a publicidade.

Virilio afirma que a multiplicación, nos nosos tempos, das próteses visuais e audiovisuais e a utilización destes materiais dende a infancia está ocasionando a codificación, cada vez máis laboriosa, de imaxes mentais con tempos de retención reducidos e sen gran recuperación ulterior, é dicir, a desaparición da capacidade mnésica. A loxística da percepción destrúe o que os antigos modos de representación conservaban dese gozo orixinal idealmente humano, dese “eu podo” da mirada.. Isto produciría un dano que Virilio cre irreparable para a conciencia humana: a aparición dunha visión disléxica que estaría provocando unha especie de estupidez neonatal.

O modelo de guerra editar

Virilio desenvolveu o que chama o "modelo de guerra" da cidade moderna e da sociedade humana en xeral. Os seus traballos máis destacados inclúen "Guerra e Cine", "Velocidade e Políticas" e "A bomba da información", nos cales argumenta que os proxectos militares e tecnolóxicos guían a historia. Algúns describen o seu traballo posicionado no ámbito do 'hipermoderno'. A descrición parece axeitada, xa que Virilio traballa moito cos conceptos e artefactos do modernismo. Afirmou repetidamente as súas afinidades coa fenomenoloxía e ofrece críticas humanistas dos movementos de arte modernistas como a arte futurista.

As predicións de Virilio acerca das loxísticas da percepción (o uso de imaxes e información na guerra e Cine, 1984) foron tan acertadas que durante a Guerra do Golfo foi invitado a discutir as súas ideas cos oficiais militares franceses. Mentres que Baudrillard afirmou que a Guerra do Golfo nunca sucedeu, Virilio argumentou que o que sucedeu foi unha "guerra mundial en miniatura".

Dromoloxía editar

A Dromoloxía estuda a aceleración na que se están sucedendo as transformacións históricas e, de que maneira están afectando ao home as novas tecnoloxías, o novo concepto de tempo, virtualidade, ciberespazo, ou os novos modos de comunicación. Paúl Virilio ao estudar o fenómeno da velocidade coa que nos conectamos na era dixital utilizou este concepto.

O accidente integral editar

Paul Virilio fai unha análise da produción de accidentes nos séculos XIX e XX, e menciona unha serie de estratexias para posicionarse ante as ameazas dos probables accidentes vindeiros. Pensando nos termos de Aristóteles, o accidente é o continxente, aquilo que pode variar sen que se altere a substancia. No noso tempo a aceleración propia da mundialización “globalitaria” fai que o habitable sexa o accidente mentres que a substancia tórnase continxente.

Virilio distingue tres tipos de accidentes. O accidente “local”, aquel no que se pode definir espacialmente o seu lugar de xurdimento e o alcance dos seus efectos. O accidente “global”, aquel que non se sabe con precisión onde se orixinou nin ata onde chegarán as súas consecuencias. Finalmente, o accidente “integral”, que concirne “non só ao conxunto do espazo xeofísico, senón sobre todo a períodos de tempos multiseculares, por non falar da dimensión sui generis dun Hiroshima celular. Neste accidente o que ameaza con converterse no noso único hábitat nun futuro próximo.

A formulación de Virilio é simple: cada nova produción científica é a invención dun novo accidente específico. Non como algo “colateral”, senón como un compoñente propio que revela esa nova substancia.

Obras editar

  • Bunker archéologie, Centre de Création Industrielle, París, 1975.
  • L’insécurité du territoire, Stock, París, 1976.
  • Vitesse et politique, Galilée, París, 1977.
  • Défense populaire et luttes écologiques, Galilée, París, 1978.
  • Esthétique de la disparition, Éditions Balland, París, 1980.
  • Guerre et cinéma, Éditions de l’Étoile, París, 1984.
  • Logistique de la perception, Cahiers du Cinéma, París, 1984.
  • L’espace critique, Christian Bourgeois, París, 1984.
  • L’horizon négatif, Galilée, París, 1985.
  • L’inertie polaire, Christian Bourgeois, París, 1990.
  • La machine de vision, Éditions Galilée, París, 1992.
  • L’art du moteur, Éditions Galilée, París, 1993.
  • La vitesse de libération, Galilée, París, 1995.
  • Cybermonde (conversación con Philippe Petit), Textuel, París, 1996.
  • Un paysage d’événements, Éditions Galilée, París, 1996.
  • La bombe informatique, Éditions Galilée, París, 1998.
  • Ce qui arrive, Éditions Galilée, París, 2002.
  • Discours sur l’horreur de l’art, entrevista con Enrico Baj, Atelier de création libertaire, París, 2003.
  • L’Art à perte de vue, Galilée, París, 2005.
  • L’Université du Désastre, Galilée, París, 2007.
  • Le Futurisme de l’instant, Galilée, París, 2009.
  • Le Grand Accélérateur, Galilée, París, 2010.

Frases editar

A velocidade da luz non transforma soamente o mundo. Convértese no mundo. A globalización é a velocidade da luz. "A velocidade é o espazo do vehículo".

Crítica editar

Paul Virilio é un dos autores criticados por abusar de conceptos científicos equivocamente citados e de terminoloxía sen sentido na obra de Sokal e Bricmont Imposturas intelectuais.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Videografía editar

Ligazóns externas editar