Paul O'Connell

xogador de rugby irlandés

Paul O'Connell, nado o 20 de outubro de 1979 en Limerick (Irlanda), é un xogador de rugby irlandés, pertencente ao Munster Rugby, co que gañou a Heineken Cup en dúas ocasións (2006 e 2008).

Infotaula de personaPaul O'Connell

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento20 de outubro de 1979 Editar o valor em Wikidata (44 anos)
Limerick, Irlanda Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeIrlanda Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversity of Limerick (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Altura198 cm Editar o valor em Wikidata
Peso112 kg Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónxogador de rugby Editar o valor em Wikidata
Período de actividade2001 Editar o valor em Wikidata - 2016 Editar o valor em Wikidata
Deporterugby a 15 Editar o valor em Wikidata
Posición de xogoLock (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Traxectoria
  Equipo enllaç= enllaç=
2001-2001 Ireland Wolfhounds (en) Traducir
2001-2015 Munster Rugby
2002- Irlanda (40)
2005-2013 British and Irish Lions
2015- RC Toulon Editar o valor em Wikidata
Premios

Paul O'Connell xogou máis de 49 partidos coa selección de rugby de Irlanda e logrou 6 ensaios coa selección nacional, coa que se proclamou campión do Torneo das Seis Nacións 2009. O 21 de abril de 2009 foi designado como capitán dos British and Irish Lions para a súa xira polo hemisferio Sur no Verán de 2009, tras ter participado na anterior xira desta selección británica por Nova Zelandia no 2005.

Inicios editar

Paul O'Connell foi un gran nadador cando era novo, comezou o seu adestramento co Seal Swimming Club baixo a tutela de Jim Riordan e Jerry Ryan antes de ir a un equipo de Limerick. Paul O'Connell formou parte do Ardscoil Rís en Limerick e xogou ao rugby baixo a tutela de Des Harty. Tamén xogou cinco partidos consecutivos coa selección irlandesa sub-21. Tamén representou ao Young Munster R.F.C. antes de representar ao Munster, Irlanda e os Lions. O'Connell completou 3 dos 4 anos de Enxeñería Informática na University of Limerick.

Carreira editar

O'Connell debutou con Irlanda nun partido fronte a Gales no Torneo das Seis Nacións 2002 anotando un ensaio. Formou parte tamén da selección nacional irlandesa na Copa do Mundo de Rugby 2003, e, no primeiro partido do Seis Nacións 2004 fronte a Francia foi capitán a causa da lesión de Brian O'Driscoll. Xogou na xira do 2005 dos British and Irish Lions a Nova Zelandia, na que foi un dos dous xogadores dos Lions que xogaron tódolos minutos dos tres Test matches. Logo dun período de ausencia debido a unha lesión na primeira parte da tempada 2005-06, O'Connell volveu ao Munster para xogar a final da Heineken Cup, a primeira dende a perdida no 2002,[1]</ref> e tamén axudou á súa selección a gañar a Tripla Coroa, capitaneándoa fronte a Francia e Escocia. Ese ano 2006, Paul O'Connell foi un dos 5 candidatos a levar o premio da IRB ó mellor xogador internacional do ano, aínda que non o levou.

 
O'Connell con Irlanda

Máis recentemente, O'Connell capitaneou a Irlanda novamente pola lesión de O'Driscoll no partido histórico ante Francia no Seis Nacións 2007, o primeiro partido de rugby dIsputado en Croke Park. O'Connell foi nomeado xogador do partido na vitoria histórica por 43-13 sobre Inglaterra en Croke Park no Seis Nacións. Así mesmo capitaneou ao Munster na vitoria na Copa de Europa de rugby 2007-2008[2] e na da Magners League 2008-2009.

Anotou o derradeiro ensaio internacional no antigo Old Lansdowne Road antes de ser demolido e reconstruído co nome de Aviva Stadium.

Foi membro do equipo de Irlanda que gañou o Grand Slam no Seis Nacións 2009.[3]

O 21 de abril de 2009, O'Connell foi nomeado capitán dos British and Irish Lions para a xira de 2009 en Suráfrica.

Notas editar

  1. "Munster 23-19 Biarritz". BBC Sport]. 2006-05-20. 
  2. [Ligazón morta Heineken Cup final|date=2008-05-24 |work=BBC Sport][Ligazón morta]
  3. Six Nations|date=2009-03-22 |work=BBC Sport|accessdate=2009-03-23[Ligazón morta]