Patrimonio Galego

catálogo dixital colaborativo de patrimonio material galego
(Redirección desde «Patrimoniogalego.net»)

Patrimonio Galego é un catálogo social do patrimonio cultural galego en Internet. Comezou a elaborarse no ano 2011.[1] En 2018 acadaron os dez mil elementos catalogados.

Patrimonio Galego
Logo
O catálogo social do patrimonio Editar o valor em Wikidata
Tipoasociación cultural
PropósitoConservación e restauración
Data de fundación2011
Fundador(es)Manuel Gago Mariño
PaísEspaña
Na rede
https://www.patrimoniogalego.net
Twitter: patrimoniogal Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Descrición editar

O proxecto está baseado en persoas colaboradoras voluntarias de toda Galiza que visitan lugares e elementos patrimoniais de interese, os catalogan, describen e soben á páxina descricións deles xunto con imaxes. O proxecto está supervisado por colaboradores que deben validar as achegas para ser engadidas. Os elementos catalogados están xeorreferenciados e con imaxes. Pode ser consultado libremente facendo buscas polo miúdo. Hai que estar rexistrado na páxina e ter unha conta de usuario para facer achegas aínda que cada elemento catalogado ten ficha propia e pódense achegar comentarios.

É un proxecto desenvolvido por Manuel Gago, Elisa Amigo, Adela Oyonarte, Carmela Sánchez Arines, Pancho Gallego, Elixio Vieites, Álex Bragaña, Soledad Felloza, Eladio Rial, Xurxo Salgado e Félix Aragunde.

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar