Patrimonio da Humanidade en Armenia

artigo de listas da Wikimedia

Localización dos sitios de Albania na lista do Patrimonio Mundial.

O Patrimonio da Humanidade da Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura (UNESCO) componse de lugares de importancia para o patrimonio cultural ou natural descritos na Convención do Patrimonio Mundial da UNESCO, estabelecida en 1972.[1] O patrimonio cultural está formado por monumentos (como obras arquitectónicas, esculturas monumentais ou inscricións), grupos de edificios e ruínas (incluíndo sitios arqueolóxicos). As paisaxes naturais (constituídas por formacións físicas e biolóxicas), as formacións xeolóxicas e fisiográficas (incluíndo os hábitats de especies de animais e plantas ameazadas) e os lugares naturais que son importantes dende o punto de vista da ciencia, a conservación ou a beleza natural, defínense como patrimonio natural.[2] Esta é unha lista do Patrimonio da Humanidade en Armenia, especificamente clasificada pola UNESCO e elaborada de acordo con dez criterios principais, cuxos puntos son xulgados por especialistas na área. Armenia ratificou a Convención sobre a Protección do Patrimonio Cultural e Natural da Humanidade o 5 de setembro de 1993, convertendo os seus lugares en elixíbeis para a súa inclusión na lista.[3]

No ano 2022, Armenia tiña tres sitios na lista, todos eles mosteiros, igrexas ou sitios relixiosos relacionados. O primeiro lugar en Armenia foi o Mosteiro de Haghpat, en 1996. En 2000, o sitio ampliouse para incluír o Mosteiro de Sanahin. En 2000, engadíronse outros dous lugares, a Catedral e Igrexas de Etchmiadzin xunto co sitio arqueolóxico de Zvartnots, e o Mosteiro de Geghard e o Val do Azat. Os tres sitios son lugares culturais. Hai catro sitios adicionais na lista tentativa.[3]

Lista de lugares Patrimonio da Humanidade editar

Nome: segundo aparece no Comité do Patrimonio da Humanidade
Localización: en Armenia
Ano da inclusión: na lista da UNESCO
Datos da UNESCO: o número de referencia do sitio; o ano en que o xacemento foi inscrito na Lista do Patrimonio Mundial; os criterios nos que apareceu: os criterios de (i) a (vi) son culturais, mentres que de (vii) a (x) son naturais.[4]
Nome Imaxe Localización Ano da inclusión Datos da UNESCO Descrición
01 Mosteiros de Haghpat e Sanahin   Provincia de Lori 1996 777bis; ii, iv (cultural) Os mosteiros de Haghpat e Sanahin foron construídos na segunda metade do século X baixo o patrocinio da raíña Khosrovanush, esposa do rei Ashot III. Ata o século XIII foron engadindo edificios adicionais en ambos os conxuntos. Arquitectonicamente, os mosteiros combinan as características da arquitectura eclesiástica do Imperio Bizantino cos estilos rexionais vernáculos do Cáucaso. O mosteiro de Haghpat (na imaxe) foi catalogado como Patrimonio da Humanidade en 1996, o mosteiro de Sanahin engadiuse en 2000.[5][6]
02 Mosteiro de Geghard e Val do Azat   Provincia de Kotayk 2000 960; ii (cultural) O Mosteiro de Geghard está situado no desfiladeiro do río Azat. San Gregorio o Iluminador fundou o mosteiro no século IV, segundo a tradición. Isto coincidiu coa introdución do cristianismo como relixión estatal en Armenia. O conxunto principal data do século XIII. Inclúe igrexas escavadas na rocha, túmulos, celas residenciais e varios khachkars (estelas conmemorativas armenias con cruces decoradas). O mosteiro foi un importante centro eclesial e cultural da Armenia medieval.[7]
03 Catedral e Igrexas de Etchmiadzin e o sitio arqueolóxico de Zvartnots   Provincia de Armavir 2000 1011; ii, iii (cultural) Este sitio abrangue igrexas que ilustran a evolución e o desenvolvemento da arquitectura eclesiástica armenia. As igrexas de Etchmiadzin (hoxe chamada Vagharshapat) inclúen a Catedral de Etchmiadzin (fundada no ano 301, na imaxe), a Igrexa de Santa Gaiane (630), a Igrexa de Santa Hripsime (618) e a Igrexa de Shoghakat (construída en 1694 sobre unha capela do século IV). A igrexa de Zvartnots foi construída no século VII pero destruída no século X, posiblemente debido a un terremoto.[8]

Lista de lugares candidatos editar

Ademais dos sitios inscritos na lista do Patrimonio da Humanidade, os estados membros poden manter unha lista de sitios provisionais que poden considerar para ser nomeados. Só se aceptan candidaturas para a lista do Patrimonio da Humanidade se o sitio figuraba previamente na lista provisional.[9] No ano 2022, Armenia tiña catro lugares na súa lista de candidatos.[3]

Nome Imaxe Localización (provincia) Ano da inclusión Datos da UNESCO Descrición
O sitio arqueolóxico da cidade de Dvin   Provincia de Ararat 1995 ii, iii, vi (cultural) O rei Khosrov III construíu un palacio en Dvin no século IV, para servir como capital de Armenia e sede dos católicos. Durante a Período Sasánida e baixo o Califato, Dvin serviu como capital rexional. No século XIII, foi destruído polos mongois.[10][11]
A basílica e sitio arqueolóxico deYererouk   Provincia de Shirak 1995 iii, iv, vi (cultural) A basílica foi construída no século IV e é un dos primeiros monumentos cristiáns de Armenia. Foi danado por un terremoto no século XVII e hoxe son ruínas.[12]
O mosteiro de Noravank e o alto val de Amaghou   Provincia de Vayots Dzor 1995 i, iii, vi, vii, ix (mixto) O mosteiro data do século XIII e está situado nun canón fluvial. Algúns edificios do complexo foron deseñados polo arquitecto Momik.[13]
Os mosteiros de Tatev e Tatevi Anapat e as áreas adxacentes do val de Vorotan   Provincia de Syunik 1995 i, ii, iv, vi, vii, ix (mixto) O mosteiro de Tatev, que data dos séculos IX ao XIII, atópase sobre o desfiladeiro de Vorotan, mentres que o mosteiro de Tatevi Anapat do século XVII atópase no fondo do val. O canón, cunha profundidade de 850 m, é o máis profundo de Armenia.[14]

Notas editar

  1. UNESCO, ed. (21 de novembro de 1972). "Convención para a Protección do Patrimonio Mundial, Cultural e Natural" (PDF). 
  2. "Convention Concerning the Protection of the World Cultural and Natural Heritage". UNESCO World Heritage Centre. Arquivado dende o orixinal o 1 de febreiro de 2021. Consultado o 3 de febreiro de 2021. 
  3. 3,0 3,1 3,2 "Armenia". UNESCO World Heritage Centre. Arquivado dende o orixinal o 26 de febreiro de 2021. Consultado o 13 de marzo de 2021. 
  4. "UNESCO World Heritage Centre – The Criteria for Selection". UNESCO World Heritage Centre. Arquivado dende o orixinal o 12 de xuño de 2016. Consultado o 17 de agosto de 2018. 
  5. "Monasteries of Haghpat and Sanahin". UNESCO World Heritage Centre. Arquivado dende o orixinal o 8 de marzo de 2021. Consultado o 13 de marzo de 2021. 
  6. "Monasteries of Haghpat and Sanahin (Documents)". UNESCO World Heritage Centre. Arquivado dende o orixinal o 28 de setembro de 2020. Consultado o 13 de marzo de 2021. 
  7. "Monastery of Geghard and the Upper Azat Valley". UNESCO World Heritage Centre. Arquivado dende o orixinal o 26 de febreiro de 2021. Consultado o 13 de marzo de 2021. 
  8. "Cathedral and Churches of Echmiatsin and the Archaeological Site of Zvartnots". UNESCO World Heritage Centre. Arquivado dende o orixinal o 25 de febreiro de 2021. Consultado o 13 de marzo de 2021. 
  9. "Tentative Lists". UNESCO World Heritage Centre. Arquivado dende o orixinal o 29 de xuño de 2020. Consultado o 17 de agosto de 2021. 
  10. "The archaeological site of the city of Dvin". UNESCO World Heritage Centre. Arquivado dende o orixinal o 25 de febreiro de 2021. Consultado o 13 de marzo de 2021. 
  11. Kettenhofen, Erich (2 de decembro 2011). "Dvin". Encyclopædia Iranica. Arquivado dende o orixinal o 18 de xaneiro de 2021. Consultado o 17 de agosto de 2021. 
  12. "The basilica and archaeological site of Yererouk". UNESCO World Heritage Centre. Arquivado dende o orixinal o 25 de febreiro de 2021. Consultado o 13 de marzo de 2021. 
  13. "The monastery of Noravank and the upper Amaghou Valley". UNESCO World Heritage Centre. Arquivado dende o orixinal o 25 de febreiro de 2021. Consultado o 13 de marzo de 2021. 
  14. "The monasteries of Tatev and Tatevi Anapat and the adjacent areas of the Vorotan Valley". UNESCO World Heritage Centre. Arquivado dende o orixinal o 25 de febreiro de 2021. Consultado o 13 de marzo de 2021. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar