Patrick Denis Apps, nado en Londres o 30 de xuño de 1983, é un cantautor inglés, máis coñecido como Patrick Wolf. A súa música caracterízase pola ampla variedade de instrumentos que utiliza (o ukelele, o piano ou a viola, e con menor frecuencia a arpa, a guitarra ou o violín) así como polos distintos estilos que mestura, que van desde o pop até o folk, pasando polo rock e o techno.

Patrick Wolf
Concerto en Montreal, Canadá
Nome completoPatrick Denis Apps
Data nacemento30 de xuño de 1983
Nado enLondres
Ocupacióncantautor, compositor de cancións, pianista, produtor musical, cantante e compositor
XéneroIndietrónica, folktrónica, rock alternativo, pop barroco
Selo(s) discográfico(s)Low Altitude Records, Faith & Industry, Tomlab, Loog, Bloody Chamber Music, Mercury Records
PseudónimoPatrick Wolf
Na rede
patrickwolf.com
IMDB: nm2540956 Facebook: patrickwolf Twitter: _PATRICK_WOLF MySpace: officialpatrickwolf Musicbrainz: 4ac4e32b-bd18-402e-adad-ae00e72f8d85 Songkick: 480124 Discogs: 123903 Allmusic: mn0000115301 Genius: Patrick-wolf Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Educado nun ambiente creativo, xa de neno recibía clases de violín e participaba no coro da igrexa. Con once anos constrúe o seu primeiro theremin, e con doce comeza a gravar, cunha gravadora de catro pistas, as súas primeiras cancións con voz, violín e órgano. Aos catorce únese ao grupo de pop art Minty, e dous anos despois abandona os seus estudos e marcha da casa. A partir de aí, Wolf gaña a vida actuando na rúa nun cuarteto de corda, e crea o grupo Maison Crimineaux, un trío centrado na deconstrución en torno ao ruído branco e o pop. Á vez, segue a traballar no seu material propio, que acabará tomando forma no seu primeiro LP, Lycantrophy, despois de que Kristian Robinson (Capitol K) o vexa actuar nun concerto de Maison Crimineaux en París.

Lycantrophy e Wind in the Wires editar

O ritmo de composición e gravación de Patrick Wolf chamou a atención de Fat Cat Records, que lle proporcionou un ordenador Atari e unha mesa de mesturas, cos que dará forma a Lycantrophy. Durante un ano, paralelamente á gravación do disco, Wolf estuda composición na Trinity College of Music. Finalmente, Lycantrophy ve a luz no verán de 2003. Do mesmo xeito, ese mesmo ano aparecerá como colaborador, tocando a viola, xunto con grupos como Chicks on Speed, Arcade Fire, Owen Pallett e The Hidden Cameras. Logo, o selo alemán Tomlab sería o encargado de publicar o seu álmbum no resto de Europa e nos Estados Unidos. O seu segundo disco, Wind in the Wires, inspírase nas raíces córnicas e irlandesas de Patrick, e foi lanzado no 2005 baixo o mesmo selo e aclamación por parte da crítica. O seu single, Tristan, baseánse na lenda córnica de Tristán, e fica hoxe en día como unha das súas cancións mellor recibidas por fans e crítica.

The Magic Position editar

Tras o éxito de Wind in the Wires, Wolf firma un contrato co selo Loog no 2005 e comeza a gravar o seu terceiro disco, The Magic Position, coas participacións de Marianne Faithfull e Edward Larrikin de Larrikin Love. O lanzamento oficial prodúcese o 26 de febreiro, e goza de moi boa crítica, ademais de acadar un maior éxito comercial debido, en gran parte, á maior accesibilidade deste álbum con respecto aos anteriores. The Magic Position lanzouse nos Estados Unidos no selo Low Altitude Records o 1 de maio do 2007. Concibido coma un álbum conceptual sobre o amor, foi escrito, na súa maior parte, logo da fin dunha longa relación que Wolf mantivo. En xaneiro do 2007 publicouse o primeiro de seis vodcastes en iTunes. A serie incluía actuacións en directo de material tanto novo como anterior, así como diversas entrevistas. Wolf promocionou o seu terceiro disco cunha xira por Europa, América do Norte, Xapón e Australia que culminou con dous concertos no Shepherds Bush Empire nos que esgotou as entradas. Ambos espectáculos, gravados e dirixidos polo fotógrafo Brantley Gutiérrez, foron emitidos na canle Virgin e publicados en DVD.

The Bachelor e The Conqueror editar

Patrick Wolf comezou a traballar no seu seguinte álbum, titulado Battle inicialmente, logo de rematar a xira de The Magic Position. O disco foi concibido, nun principio, como un álbum político, mais a temática cambiou e pasou a xirar en torno a depresión de Wolf durante os concertos. Porén, antes de entrar no estudo de gravación, namorouse e cambiou a orientación do álbum outra vez, e finalmente resultou en suficiente material para dous discos. Wolf marchou de Universal Records, e o 10 de decembro de 2008 anunciou na NME o seu plan de vender accións do álbum a dez libras en bandstocks.com: "En resumo, podes investir na realización e produción do álbum, e así conseguir unha parte de accións del. Deste xeito, podes ser case parte dun selo discográfico, como un copropietario do disco". O 12 de febreiro de 2009, Wolf anunciou os títulos de ambos discos, The Bachelor e The Conqueror. O primeiro single de The Bachelor, "Vulture", foi lanzado o 2 de abril do 2009 en vinilo e descarga dixital. A cara B incluía un novo tema, "The Tinderbox", e mesturas do tema principal.

The Bachelor foi lanzado o 1 de xuño do 2009, mentres que o segundo single, "Hard Times", lanzouse o 6 de xullo do 2009. O terceiro e último single, "Damaris", foi publicado o 14 de decembro do 2009, uns meses antes do lanzamento de The Conqueror, agardado para o 2010.

En abril do 2010 anunciouse que Wolf viña de firmar un contrato con 'Hideout', un subselo de Mercury Records.

Vida persoal editar

O 27 de febreiro do 2007, nunha entrevista a thelondonpaper, Wolf tratou o tema da súa sexualidade: "Do mesmo xeito do que non sei se o meu sexto disco será death-metal ou pop para nenos, tampouco sei se estou destinado a vivir a miña vida cun cabalo, unha muller ou un home. E iso fai a vida máis fácil". Nunha entrevista o 5 de xullo do 2007 co Sydney Star Observer, confirmaba a súa sexualidade: "A miña sexualidade é liberal. Namórome de homes e de mulleres. Supoño que poderiades chamarme bisexual. Gústame o practicar sexo e namorarme, non me gusta etiquetar a miña sexualidade". En agosto do 2007, Patrick tiña unha relación estable cun home ao que el chamaba William.

En setembro de 2008, Wolf denunciou que fora botado dun concerto de Madonna polo membros de seguridade por ter bicado ao seu mozo. Segundo contou a Electroqueer: "Colléronnos e arrestáronnos, e botáronnos fóra. Estaban a mirar polas cámaras de seguridade."

Discografía editar

Álbums editar

Singles e EPs editar

Data de publicación Título Selo Información
2002 The Patrick Wolf EP Faith and Industry Edición limitada de 1000 vinilos. Inclúe os temas exclusivos "Empress" e "Pumpkin Soup", xunto con "Bloodbeat" e "A Boy Like Me", que aparecen en Lycanthropy
31 de xaneiro do 2005 "The Libertine" Tomlab Primeiro single de Wind In the Wires. Inclúe as caras B "Penzance", "Wind In The Wires" (Clifftop Demo) e a versión de Nico, "Afraid"
13 de xuño do 2005 "Wind in the Wires" Tomlab Segundo single de Wind in the Wires. CD e 2000 vinilos de edición limitada. Inclúe as caras B "Souvenirs", "Godrevy Point" e "Ignis Fatuus"
31 de outubro do 2005 "Tristan" Tomlab Terceiro single de Wind in the Wires. CD e 1000 vinilos de edición limitada. Inclúe as caras B "The Hazelwood" e a versión tradicional, "Idumea"
23 de outubro do 2006 "Accident & Emergency" Loog Primeiro single de The Magic Position. Inclúe as caras B "Adder", a versión de "Underworld" de Eva Eden, a versión de Nico de "Ari's Song" e unha versión en directo do espectáculo no Bloomsbury Theatre de "The Childcatcher"
1 de xaneiro do 2007 "Bluebells" Loog Segundo single de The Magic Position. Só para descarga
26 de marzo do 2007 "The Magic Position" Loog Terceiro single de The Magic Position. Inclúe as caras B "The Marriage", "Augustine / Secret Garden (II)", unha versión en directo do espectáculo no Bloomsbury Theatre de "Luna / The Libertine" e unha versión de Larrikin Love, "On Sussex Downs"
2 de abril do 2009 "Vulture" Bloody Chamber Music Primeiro single de The Bachelor. Inclúe a cara B "The Tinderbox", e dúas mesturas do tema principal - "Vulture (Thomas Doppelganger Wildlife On One Remix)" e "Vulture (TNP remix)"
1 de xuño do 2009 The Spinster EP Bloody Chamber Music EP de edición limitada, 500 copias de promoción incluídas coa compra de The Bachelor en Rough Trade Records, inclúes 5 temas e mesturas novos; "The Bachelor (Balalaika Mix)", "Teignmouth (Lone Bachelor Demo 2003)", "Vaeety Braeu", "Pigeon Song (Live at Shepherds Bush Empire)" e "Who Will? (Brede Church Organ Karaoke Mix)"
6 de xullo do 2009 "Hard Times" Bloody Chamber Music Segundo single de The Bachelor. O vinilo de 7" inclúe a Alec Empire's Hellish Vortex Remix e trátase dunha edición limitada de 500 copias.
6 de xullo do 2009 "Hard Times EP" Bloody Chamber Music O EP dixital inclúe Hard Times, "The Sun Is Often Out (Alec Empire Original Demo Mix)" e mesturas de "Hard Times" incluídas (Alec Empire's Hellish Vortex Remix), (Jack Beats Remix), (James Yuill Remix) e (Circlesquare Remix)
14 de decembro do 2009 "Damaris" Bloody Chamber Music Terceiro single de The Bachelor. O EP dixital inclúe as caras B Queen Isabella (The She-Wolf of France), Peacock Skies E unha versión acústica de Damaris

Vídeos editar

Ano Título Director
2003 "To the Lighthouse" Ingrid Z
2005 "The Libertine" Pil e Galia Kollectiv
"Wind in the Wires"
"Tristan" Paul Gore
2006 "Accident & Emergency" Maria Mochnacz
2007 "Bluebells" Jaron Albertin
"The Magic Position"
2009 "Vulture" Patrick Wolf
"Hard Times" Ace Norton
"Damaris" Patrick Wolf

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar