Patricia Simón Carrasco

xornalista asturiana

Patricia Simón Carrasco, nada en Estepona, Málaga o 24 de febreiro de 1983, é unha xornalista asturiana. Licenciouse en xornalismo pola Universidade de Sevilla, especializouse en Relacións Internacionais polo Instituto de Estudos Políticos de Lión e é posgraduada en Políticas Públicas e Estado do Benestar pola Universidade de Oviedo.

Infotaula de personaPatricia Simón Carrasco

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento24 de febreiro de 1983 Editar o valor em Wikidata (41 anos)
Estepona, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Sevilla
Instituto de estudos políticos de Lion (pt) Traducir
Universidade de Oviedo Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista , escritora Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Nada en Estepona, Málaga, aínda que residente en Asturias, actualmente é xornalista freelance, consultora e docente. Ten extensa experiencia como xornalista e editora de información nacional española e internacional en diferentes medios de comunicación. Como Xornalismo Humano, medio de comunicación dixital con enfoque de dereitos humanos do que foi cofundadora e subdirectora até 2013, na produtora de temáticas sociais Piraván de 2006 a 2010 e na televisiva Ítaca.

Especialista en Relacións Internacionais, enfoque de dereitos humanos e perspectiva de xénero. Ten unha ampla experiencia como coordinadora de comunicacións de proxectos educativos e xefa de gabinete de prensa. Tamén foi docente e relatora en cursos universitarios, obradoiros e seminarios organizados por diferentes ONGs, fundacións e axencias de cooperación.[1][2] Realizou documentais en España, Guatemala, Nicaragua, o Brasil, Marrocos, o Senegal, Mauritania, o Líbano, Xordania, Honduras e Colombia.

Foi recoñecida co Premio da Asociación de Mulleres dos Medios de Comunicación de España en 2013 (AMECO).[3][4]

Notas editar

  1. "Noticia sobre ponencia en la Casa de Encuentro de las Muejres de Piedrasblancas". La Nueva España. 8 de xaneiro de 2016. Consultado o 12 de maio de 2016. 
  2. "Entrada al blog de la Casa de Encuentro de las Mujeres de Piedrasblancas sobre charla". 15 de marzo de 2016. Consultado o 12 de maio de 2016. 
  3. "Página web de la distinción". 1 de xullo de 2013. Consultado o 12 de maio de 2016. 
  4. "Noticia sobre el premio.". laindependent. 24 de outubro de 2013. Consultado o 12 de maio de 2016.